1. Presentación dicindo o teu nome (con apelidos ou non, como queiras) e curso.
2. Presentación do autor ou autora e comentar brevemente algo importante deste/a (lugar e data de nacemento, premios, profesión, etc.).
3. Presentación do libro (título, editorial, número de páxinas, ano de publicación)
4. Mención ao tema ou temas principais que se tratan.
5. Resumo breve da historia do libro (non entres en detalles nin fagas spoilers).
6. Motivos polos que che gustou o libro e polos que recomendas a súa lectura.
7. Outras cuestións que queiras engadir.
Formatos posibles do traballo (escolle 1):
• Só audio: traballo só con audio (pode ter música de fondo, pero non demasiado alta). Evita que no teu traballo “pareza que estás lendo”.
• Vídeo (atende os concellos da parte final deste folio). Actualmente hai abertos dous concursos de booktubers, aínda que o prazo de entrega de vídeos remata en breve. Informádevos aquí.
• Presentación de diapositivas ou outro formato semellante.
• Escrito: traballo escrito á man. Coida especialmente a presentación e a ortografía.
Listaxe de lecturas
*Se premes no título de cada obra, poderás ler un resumo do seu argumento.
* Para resolver calquera dúbida, podedes escribir a linguadenegueiros@gmail.com.
-
Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno, col. Fóra de Xogo, Xerais. Podes completar a súa lectura co cómic que Antonio Seijas elaborou a partir da novela: Cartas de Inverno. Cómic.
-
Fernando Cimadevila, O mundo secreto de Basilius Hoffman. I. O ladrón de soños, Urco Editora. Booktráiler
0 comentarios:
Publicar un comentario