Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Lecturas para o 2º trimestre (3º ESO)

mércores, 6 de xaneiro de 2016


Estes son os títulos que se suman ás cinco novelas coas que abrimos o curso, e que podedes seguir escollendo neste novo trimestre:   
  • Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais, 2015.
  • Rosa Aneiros, Ámote Leo A. Estación de tránsito. Xerais, 2014.
  • Domingo Villar, Ollos de auga, Galaxia, 2006.
  • Art Spiegelman, Maus, Inreves Editorial (en galego), 2008. Banda deseñada.
  • Carlos Vila Sexto, Gárgola, Galaxia, 2002.
  • J.R.R.Tolkien, O hobbit, Xerais, 2003.
Lembrades que este curso incluímos unha parte creativa nos traballos das lecturas? Unha posibilidade sería facer unha videorreseña. Un exemplo, áxil, breve e ameno, é esta reseña de Maus, o cómic de Art Spiegelman:

Ampliamos a listaxe de lecturas de 2º da ESO

Para o segundo trimestre seguiremos tendo as mesmas lecturas marcadas a comezos de curso e engadimos algúns títulos novos. Lembrade que a data de entrega do traballo é o venres 19 de febreiro. Así queda a nosa listaxe:
  • Agustín Fernández Paz, Aire negro, Xerais, col. Fóra de Xogo. 
  • Jackeline Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, Kalandraka, col. Faktoría K de Libros. 
  • Manuel Lourenzo, Irmán do vento, Xerais, col. Fóra do Xogo. 
  • Aurora Rúa, Debuxos do muro, Galaxia, col. Costa Oeste. 
  • Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais: col. Merlín. 
  • Andreu Martín, Ideas de bombeiro, Rodeira. 
  • Ledicia Costas, Unha estrela no vento, Xerais: col. Fóra de Xogo.
  • Castelao, Cousas, Galaxia.