Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Marchando unha de concursos!

mércores, 11 de febreiro de 2015

Este mes de febreiro vén cargado de concursos literarios aos que podedes presentar os vosos traballos. Publicamos tres certames que tocan tres modalidades diferentes: poesía, relato e mensaxes breves de amor. Resumimos as bases, que podedes consultar completas nas ligazóns correspondentes.

VIII Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría: 
  • Ata 12 anos
  • De 13 a 17 anos
  • Iguais ou maiores de 18 anos
Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
  • Tema: libre.
  • Lingua: galega.
  • Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima), mecanografada a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título 
  • Premios: bono para a compra de libros por valor de 40€. 
  • As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso
  • Prazo: ata o 16 de febreiro 
Toda a información en: http://ir.gl/335aa


Lingua de namorar, concurso en liña de mensaxes de amor

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes escritas en lingua galega, en prosa ou en verso, ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).

Establécense dúas categorías e os seguintes premios:
  • Categoría A (de 14 a 19 anos):
- Primeiro premio. Cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas.
- Segundo premio. Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6’’
- Terceiro premio. Videocámara deporte dixital impermeable

  • Categoría B (de 20 a 35 anos):
- Primeiro premio. Tablet 4.0, 10,1’’ de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
- Segundo premio. Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5’’ (USB 3.0, 1 TB)
- Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses

Prazo: ata o domingo 22 de febreiro.

Máis información en http://www.xunta.es/linguagalega/lingua_de_namorar. Estas foron as mensaxes gañadoras da Categoría A na edición do ano pasado.

III Certame de Relato Curto FAMPA / Kalandraka

Establécense catro categorías:
  • Primaria
  • Secundaria 
  • Bacharelato
  • Adultos/as
Cada concursante poderá presentar un traballo, orixinal e inédito, que deberá cumprir as seguintes normas:
  • Tema: libre.
  • Lingua: galega.
  • Formato: poderanse enviar en formatos doc., docx. ou .odt, letra Times New Roman, tamaño de letra 12 e interliñado de 1'5.
  •  e extensión:deberá ter unha extensión mínima de 200 palabras e unha máxina de 300.
  • Premios para Primaria e ESO: un vale de 200€, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Marc Taeger. Ademais, todas as persoas gañadoras e finalistas (ata un máximo de 100) recibirán un libro cos seus relatos e mais outro dun autor ou autora profesionais.
  • Prazo: ata o 28 de febreiro
Toda a información en: http://ir.gl/2b3c75 

A organización do concurso dános unha serie de consellos para escribir un relato curto: http://www.nontedurmas.org/concursos-e-certames/article/iii-certame-de-relato-curto#forum707

I Concurso de Microrrelatos Salón do Libro de Pontevedra
  • Destinatarios/as: alumnado de Ensino Secundario
  • Lingua: galega.
  • Formato: a organización do Salón do Libro colgará na súa conta de Twitter, @SalondoLibro, o inicio dunha historia que o alumnado participante deberá completar con, como máximo, tres chíos, baixo o hastag #daCienciaFiccion. No caso de que se publique máis dun chío, deben indicar a súa orde da seguinte forma: 1/3, 2/3 y 3/3.
  • Prazo: do 9 de febreiro ao 2 de marzo. A resiolución farase pública o 5 de marzo.
Máis información en: http://ir.gl/65b3ce

Máis títulos para as vosas lecturas

Engadimos novas propostas lectoras á listaxe coa que abrimos o curso. E facémolo con clásicos, con novidades, con traducións, novela xuvenil, histórica, fantástica... máis banda deseñada... Agardamos que vos aproveiten!

Fonte da imaxe: Gastronosfera

CURRÍCULO 1936-1975
XERAL
  • Alonso, Xulia, Futuro imperfecto, Galaxia. Sinopse 
  • Cabana, Darío Xohán, Galván en Saor, Xerais. Sinopse
  • Claudel, Philippe, A neta do señor Linh, Rinoceronte Editora. Sinopse
  • Feijóo, Pedro, Os fillos do mar, Xerais. Sinopse
  • Xesús Fraga, Reo, Galaxia. Sinopse
  • Haddon, Mark, O curioso incidente do can á medianoite, Rinoceronte Editora. Sinopse
  • Jackeline Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, Faktoria K. Sinopse
  • Maceiras, Andrea, Nubes de evolución, Xerais. Sinopse
  • Redondo, Dolores, O gardián invisible, Xerais. Sinopse
POESÍA
  • *Negro, Carlos, Penúltimas tendencias, Xerais. Sinopse
Tamén incluímos dúas lecturas que están xa a facer Zacarías, a novela gráfica Gorazde, de Joe Sacco (Rinoceronte Editora); e Ángel, a novela Romasanta. Memorias incertas do home lobo, de Alfredo Conde (Sotelo Blanco Edicións).

O galego esfúmase a cada pouco un pouco máis

Agora que andamos ás voltas coa publicidade e que en breve imos ter que argallar a nosa propia campaña, que vos parece esta chamada contra os prexuízos lingüísticos ideada por Andrea de la Iglesia, alumna de 1 de Bacharelato do IES Xelmírez I de Compostela? Con ela quere expresar "que o galego se esfuma a cada pouco un pouco máis". Aagradecémoslle á profesora Lorena Rei que nola dese a coñecer.




Análise dun anuncio audiovisual (actualización)

sábado, 7 de febreiro de 2015

É a quenda agora da nosa primeira aproximación aos anuncios audiovisuais, que achegan elementos como a música e outros paraverbais (volume, pausas, entoación...) que requerirán a nosa atención ao aplicarmos o esquema que estamos empregando para a análise da linguaxe publicitaria.

1. Apréndeo (TVG). Coa rapeira viguesa AidVersión estendida do vídeo.



2. Cámbiache o conto (R Telecomunicacións).



3. Galicia, si é única (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza). Voz de Luís Tosar.



4. Armadiña Rock 2010. SD Combarro & Concello de Poio. Tamén podedes analizar os outros dous vídeos desta campaña en Bon Scott en Combarro e Mariscadora Rock.



5. Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego (Coordinadora Galega de ENDL). Con Martiño Rivas, María Castro, Susana Seivane, Belén Regueira, Antón Reixa e Luís Tosar. A campaña completouse co vídeo En galego, proba e verás, Premio Mestre Mateo 2011.



6. Vivamos como galegos! (Gadis)


7. O noso apelido. Gas Natural Fenosa 2014. Completa a campaña esta páxina web na que, en principio e sen moito criterio lingüístico, podemos buscar a orixe e significado dos nosos apelidos. A campaña espertou críticas, por exemplo esta, tamén estoutra e unha máis por aquí. Lembrade que un dos criterios que vimos á hora de analizar os valores sociais asociados á publicidade son o da verosimulitude e o risco de que unha campaña poida asociarse con valores negativos.