Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Actividade sobre 'Morning Star'

venres, 18 de xaneiro de 2013

Textos pertencentes a Morning Star, de Xosé Miranda

Anastasia e Rosalía Prado.

   “ Sobresaían entre todas esas mulleres dúas que arrastraban unha aura de autoridade inconfundible: Anastasia Míguez e Rosalía Prado. Anastasia, que era pequena, guapísima, bringuela, con cara de nena e grandes ollos negros, era a muller do Demo Vivo, e aquel túzaro, que facía honor ó seu nome invariablemente, non se atrevía a tocala nin a levantarlle a voz, cumpría obedientemente as súas atinadas observacións e traíaa na palma da man. Era unha dona elegante, aínda coas pobres roupas que podía permitirse, ou independentemente delas, pois a súa elegancia era natural, e tan ben lle acaía a saia como o mantelo. Xulgábaa eu intelixente, tranquila e asisada, moi distinta do seu irmán, o Xudas.

   Rosalía, con voz e modais de home – e sen embargo ben sei eu que os homes lle gustaban moito, e non desprezaba ningunha aventura-, era enérxica, autoritaria, decidida.”

 Estampa: o día (descrición impresionista).

   “ Enterramos á miña nai un magnífico día de primavera no que verdegaban os prados, cantaban as carricantas e o sol chirlaba coma a máis alegre delas, anunciando o verán.”

A noite.

   “ Saímos da taberna nunha noite de plenilunio, pero escura e triste, cargada de nubes negras que ameazaban con estalar  e deitar a chover interminablemente. A face da lúa enchía o horizonte e as sombras das árbores espidas, as súas pólas coma brazos esqueléticos, petaban nos rastros dos homes e escondían os seus ollos por momentos. Unha nube cruzaba, agachando o astro e as sombras medraban dentro e fóra, e con medo e nerviosismo desfilabamos uns tras dos outros, cada un na súa mula ou no seu cabalo, os rostros cubertos de cinza e barrro, con roupas vellas ou adquiridas en anteriores roubos, e cos panos arredor do pescozo, preparados para poñelos sobre a cara en caso de necesidade.”
Actividade.
  • Selecciona os adxectivos referidos ao físico.
  • Que carácter tiña Anastasia?
  • Explica o significado da seguinte expresión:" traíaa na palma da man"
  • Sinala os adxectivos que describen o carácter de Rosalía.
  • Sinala os recursos estílisticos das descricións do día e a noite.
  • Explica o signicado e sinala un sinónimo e un antónimo de cada unha das palabras que seguen: bringuela,asisada, túzaro, plenilunio, carricantas estalar.
  • Escribe dous textos descritivos: un retrato e unha paisaxe.

Listaxe de lecturas para 3º ESO (2ª avaliación)

luns, 14 de xaneiro de 2013

Ana Frank, O diario de Ana Frank, Kalandraka.
Agustín Fernández Paz, O centro do labirinto, Xerais.
Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno, Xerais.
Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville, Xerais.
Bram Stoker, Drácula, Xerais.
* Castelao, Os dous de sempre, Galaxia.
Elena Gallego, Dragal I e Dragal II, Xerais.
Jordi Sierra i Fabra, As soidades de Ana, Galaxia.
Ledicia Costas, Unha estrela no vento, Xerais.
Marcos Calveiro, Rinocerontes e Quimeras, Tambre.
Marga do Val, O prognóstico da lúa, Alfaguara.
María Victoria Moreno, Anagnórise, Galaxia.
Marilar Aleixandre, Rúa Carbón, Xerais.
Marina Mayoral, Chamábase Luís, Xerais.
Óscar Wilde, O retrato de Dorian Gray, Urco.
Pascual Alapont, O inferno de Marta, Galaxia.
Pepe Carballude, Investigación 091, Xerais.
Suso de Toro, A sombra cazadora, Xerais.
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, Galaxia.
Xosé Miranda, Morning Star, Xerais.
Xosé Miranda, Vestio, Xerais.
Castelao, Retrincos, Galaxia.
Fred Hullman, Reencontro, Galaxia.

Listaxe de lecturas para 1º ESO (2ª avaliación)

martes, 8 de xaneiro de 2013

Agustín Fernández Paz, Lúa de Senegal, col. Merlín, Edicións Xerais.
Anxo Fariña, Os Megatoxos e o Aprendiz de Druída, A Nosa Terra.
Anxo Fariña, Os Megatoxos e a espada esmeralda. A Nosa Terra.
Breogán Riveiro, Tonecho de Rebordechao, col. Árbore, Editorial Galaxia.
Enrique Sánchez, O gol imposible, Editorial Rodeira.
Elena Gallego, Dragal (1º libro), col. Fóra de Xogo, Xerais.
Fina Casalderrey, A lagoa das nenas mudas, col. Sopa de Libros, Xerais.
Stevenson, A illa do Tesouro, col. Xabarín de Ouro, Edicións Xerais.
Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira, col. Árbore, Galaxia.
José M. de Vasconcelos, A miña planta de laranxa lima, Primera persona (versión en galego).
Manuel Lourenzo González, Tanis I, o Mocos, col. Merlín, Edicións Xerais.
Miguel Vázquez Freire, A malvada María Xosé, Edicións Xerais.
Xabier P. Docampo, Cando petan na porta pola noite, col. Fóra de Xogo, Edicións Xerais.
Xosé Antonio Neira Cruz, Gatos e leóns, Oxford.
Xosé Miranda, Pel de lobo, col. Fóra de Xogo, Xerais.
Xelis de Toro, The corunna boats, Xerais.
Manuel Rivas, Bala perdida, Obradoiro.