Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Un ano máis, verbas para comunicar

martes, 23 de abril de 2013


Xa está en marcha o VI Concurso Literario Verbas para comunicar co que a Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior procura impulsar a creatividade, a comunicación e a lingua galega entre os mozos e mozas do municipio. O Equipo de Normalización Lingüística do colexio, xunto co Departamento de Lingua Galega e o profesorado do ámbito sociolingüístico, colaboran neste certame que festexa un ano máis o Día das Letras Galegas. Podedes consultar as bases nos taboleiros das aulas da ESO e mais na páxina do concello (edición 2012), mais os requisitos básicos son moi simples á vez que moi flexibles e abertos para que todos e todas vós atopedes iso tan importante que queredes expresar:
  1. A temática será libre tendo en conta que o obxectivo xeral é transmitir unha idea, unha opinión, un sentimento... que desexemos compartir con outras persoas.
  2. Estará redactado en galego e valorarase a corrección lingüística, así como a presentación adecuada e a orixinalidade do traballo.
  3. O texto non poderá superar as 12 liñas e presentarase en papel ou cartolina que non supere o tamaño A4. O formato é, polo tanto, tamén libre: prosa, poesía, unha mensaxe, unha carta, un artigo de opinión, etc.
  4. Haberá dúas categorías: categoría A (de 12 a 14 anos) e categoría B (de 15 a 18 anos). 
Non deixedes de consultar todas as dúbidas cos vosos profesores e profesoras e, xa sabedes, este ano hai uns premios mellores ca nunca. Son estes en cada unha das categorías:
  • 1º Premio: Tablet
  • 2º Premio: Libro electrónico
  • 3º Premio: Cámara fotográfica
  • 4º Premio: Marco dixital
  • 5º Premio: Impresora
  • 6º Premio: auriculares
E non esquezades o prazo remata o 10 de maio!

Cantas formas temos para dicir "chuva" en galego?

xoves, 18 de abril de 2013


Agora que andamos ás voltas nas aulas co léxico do tempo meterolóxico, e seica por fin chegou a primavera e imos deixando atrás tantos meses de auga, saberiades dicir cantas palabras temos os galegos e as galegas para dicirmos "chuva"?

Os esquimais teñen unha gran variedade de palabras para a neve. No caso dos galegos é a choiva, aquí van unhas cantas:

Condensación de Auga:
- Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Bruma, Calixe, Cegoña, Fuscallo, Mera, Néboa, Neboeira, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
Chuvia Feble:
- Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Morriña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
Chuvia Forte:
- Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Choiva, Chuvascada, Chuvasco, Chuvia, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
Con raios e tronos:
- Tempestade, Temporal, Torboada, Torbón, Tormenta, Treboada, Trebón, Tromba
Con Neve e Xeo:
- Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada,Salpedrés, Sarabia, Sarabiada, Saraiba, Torba…
E logo, cando remata, está a:
- Amainar, Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
Fonte: Formiga Atómica.
Pero habería máis: Nomes galegos para a chuvia

Nova listaxe de lecturas para o 3º trimestre (4º ESO)

mércores, 17 de abril de 2013

Esta é a nova listaxe das lecturas, listaxe revisada e actualizada. Caíron algúns títulos, súmanse outros.... dará resposta aos gustos e niveis de lectura tan variados que hai na aula? Agardemos que si, e aínda hai máis posibilidades. 
Preguntar a un/unha compañeiro/a polos libros que leu, consultar a sinopse da obra ou ler algunha crítica, visionar o tráiler da película se foi levada ao cinema, ou do booktráiler, que tamén os hai, ou preguntarlle ao profesor... O caso é ler algo que nos interese! 
Organízase por xéneros e mestura os clásicos cos autores e autoras máis novos, as novidades actuais cos textos de comezos do século XX, libros referenciais e premiados con outros menos recoñecidos que sorprenderán...

Narrativa
  • Alcalá, Xavier, A nosa cinza, Galaxia. Sinopse e fragmento do cap. VII
  • Aleixandre, Marilar, A compañía clandestina da contrapublicidade, Galaxia. Sinopse
  • Alonso, Fran, Cemiterio de elefantes, Xerais. Sinopse
  • Ameixeiras, Diego, Tres segundos de memoria, Xerais. Sinopse
  • Aneiros, Rosa, Ás de bolboreta, Xerais. Sinopse
  • Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. Sinopse
  • Borrazás, Xurxo, Criminal, Sotelo Blanco. Sinopse
  • Bradbury, Ray, Fahrenheit 451, Xerais, col. Fóra de Xogo. Sinopse
  • Brenan, Herbie, O portal dos elfos, Xerais. Sinopse
  • Calveiro, Marcos, Settecento, Xerais. Sinopse
  • Camilleri, Andrea, A pista de area, Galaxia. Sinopse
  • Casares, Carlos, Vento ferido, Galaxia. Sinopse
  • Castelao, Os dous de sempre. Galaxia. Sinopse
  • Castelao, Retrincos, Galaxia. Sinopse. Relato "O segredo"
  • Cimadevila, Fernando M., O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños, Urco. SinopsePáxina WebBooktráilerDescarga do 1º libro.
  • Cimadevila, Fernando M., O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, Urco. SinopsePáxina WebBooktráiler.
  • Cormac McCarthy, A estrada, ed. Faktoría K. SinopseTráler da película
  • Cunqueiro, Álvaro, Os outros feirantes, Galaxia. Sinopse
  • Dieste, Rafael, Dos arquivos do trasno, Galaxia. Sinopse
  • Elena Gallego, Dragal IDragal IIDragal III, Xerais. Sinopse I (A herdanza do dragón)Sinopse II (A metamorfose do dragón) e Sinopse III (A fraternidade do dragón)Páxina webBooktrailer
  • Fernández Paz, Agustín, Aire negro, Xerais. Sinopse
  • Fernández Paz, Agustín, O único que queda é o amor, Xerais. Sinopse
  • Fole, Ánxel, Á lus do candil, Galaxia.  Sinopse
  • Lienas, Gemma, O diario vermello de Carlota, Galaxia. Sinopse. Película
  • Lienas, Gemma, O diario violeta de Carlota, Galaxia. Sinopse
  • Martin, Andreu e Ribera, Jaume, O diario vermello de Flanagan, Galaxia. Sinopse
  • Méndez Ferrín, Xosé Luís, O crepúsculo e as formigas, Xerais. Sinopse
  • Murado, Miguel Anxo, Mércores de cinza, Galaxia. Sinopse
  • Navaza, Gonzalo, Erros e Tánatos, Xerais. Sinopse
  • Orwell, George, 1984, Faktoría K. Sinopse
  • Orwell, George, A revolta dos animais, Edicións Positivas. Sinopse
  • Reigosa, Carlos, Crime en Compostela, Xerais. Sinopse
  • Reimóndez, María, O club da calceta, Xerais. Sinopse
  • Rivas, Manuel, O lapis do carpinteiro. Xerais. Sinopse
  • Riveiro Coello, Antón, As rulas de Bakunin, Galaxia. Sinopse
  • Santiago, Eduardo, 2044, Galaxia. Sinopse
  • *Schmitt, Eric-Emmanuel, O señor Ibrahim e as flores do Corán, Faktoría K. SinopseTráiler do filme (orixinal francés).
  • Sende, Sechu, Made in Galiza. Galaxia. Sinopse
  • Sumai, Anxos, Anxos de garda, A Nosa Terra. Sinopse
  • Süskind, Patrick, O perfume, Sotelo Blanco. Sinopse. Tráiler da película
  • *Taylor, Kressman, Enderezo descoñecido, Xerais. Sinopse
  • *Uhlman, Fred, O reencontro, Galaxia. Sinopse
  • Vila Sexto, Carlos, As sete mortes, Galaxia. Sinopse
  • Villar, Domingo, A praia dos afogados, Galaxia. Sinopse
  • Villar, Domingo, Ollos de auga, Galaxia. Sinopse
Poesía
  • *Alonso, Fran (editor), Poetízate, Xerais. Reseña
  • *Carlos Negro, Makinaria, Xerais. Sinopse. Entrevista e recitado co poeta (Proxecto SonCine - Vinte Dez, IES de Porto do Son)
  • *Ferreiro, Celso Emilio, Longa noite de pedra, Ed. do Castro. Análise
  • *Manuel Antonio, De catro a catro, Galaxia. Análise
  • *Neves, Kiko, Un poema de amor. Edición do autor. Algúns poemas
  • Reimóndez, María, Moda galega, Edicións Positivas. Selección
Teatro
Banda Deseñada

Nova listaxe de lecturas para o 3º trimestre (2º ESO)

luns, 1 de abril de 2013

Comezamos a recta final do curso cunha revisión das lecturas, tanto nos títulos propostos como na avaliación e nalgún aspecto máis que iremos vendo ao longo desta semana da volta ás aulas. O obxectivo non é outro que mellorar o rendemento neste ámbito e, sobre todo, gozar máis cos libros!!! 

A ver se o acadamos, de momento ídelle botando unha ollada á listaxe, que está organizada en torno a tres grandes campos temáticos e mais a un xénero, o da banda deseñada. E xa falaremos máis devagar na aula.

AVENTURAS, VIAXES, SUSPENSE E MISTERIO
  • Aleixandre, Marilar, A expedición do Pacífico, Xerais. Sinopse
  • Avi, As confesións de Carlota Doyle, Galaxia. Sinopse
  • Fernández Paz, Agustín, As fronteiras do medo, Edebé-Rodeira. Sinopse. 1º capítulo
  • Fernández Paz, Agustín, Cartas de inverno, Xerais. (vid. apartado de banda deseñada) Sinopse
  • Fernández Paz, Agustín, Aire negro, Xerais. Sinopse 
  • Martín, Andreu, Ideas de bombeiro, Rodeira Sinopse
  • Mallorquí, César, O último traballo do señor Luna, Rodeira. Sinopse
  • Moure, Gonzalo, Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake, Xerais. Sinopse
  • Stevenson, Robert Louis, A illa do tesouro, Xerais.
    Sinopse
  • Verne, Xulio, Viaxe ao centro da terra, Xerais. Sinopse
  • Verne, Xulio, A volta ao mundo en 80 días, Xerais. Sinopse
TEMÁTICA SOCIAL E ADOLESCENTE
  • Alapont, Pascual, O inferno de Marta, Galaxia. Sinopse
  • Aleixandre, Marilar, Rúa Carbón, Xerais. Sinopse
  • Calveiro, Marcos, O carteiro de Bagdad, Tambre. Sinopse
  • Casalderrey, Fina, A pomba e o degolado, Xerais. Sinopse
  • Costas, Ledicia, O corazón de Xúpiter, Xerais.
    Sinopse
  • Frank, Ana, O diario de Ana Frank, Kalandraka.
    Sinopse
  • Sierra i Fabra, Jordi, Nun lugar chamado guerra, Xerais. Sinopse
FANTASÍA

BANDA DESEÑADA        
  • Christie, Agatha (adapt. de Alain Paillou), Os catro grandes, El Patito Editorial. Sinopse
  • Christie, Agatha (adapt. de F. Rivière), Morte no Nilo, El Patito Editorial. Sinopse
  • Filippi & Etienne, Gárgolas (tomo 1). O viaxeiro, Cerditos de Guinea. Sinopse dos dous tomos
  • Filippi & Etienne, Gárgolas (tomo 2). A chave do tempo, Cerditos de Guinea.
  • Mircala, Jack, Lóbrego Romance. Pálida Pantasma, El Patito Editorial. Sinopse
  • Mircala, Jack, Baixada a Esquela, El Patito Editorial. Sinopse
  • Mircala, Jack, Descenso a Esquela, El Patito Editorial. Sinopse
  • Muñoz, D., Tirso Cons e Javi Montes, A mansión dos murmurios. Libro I: Sara, El Patito Editorial. Sinopse
  • Seijas, Antonio, Cartas de inverno, Xerais. Sinopse
  • Tomé & Janry, Spirou e Fantasio en Nova York, Cerditos de Guinea. Sinopse