Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

O sistema vocálico e o sistema consonántico do galego

luns, 24 de marzo de 2014

Fonte: Os fonemas do galego, do prof. Manuel Rosales Graña.
Ben sabemos que o galego ten sete vogais, pois as vogais e e o poden ser medio pechadas ou medioabertas (ou semiabertas e semipechadas), tal e como acontece noutros idiomas próximos como o portugués, o catalán ou o francés, que teñen as súas particularidades vocálicas a maiores. Coñecemos este trazo característico do galego, mais ás veces bufamos para identificar cales son abertas ou cales son pechadas, confusión que se debe maiormente á interferencia do vocalismo do castelán (que ten 5 vogais) e á ausencia de modelos de fala próximos.

Nesta emisión do programa Ben falado abordaron esta cuestión de maneira práctica e amena.



Por outra banda, nestoutra páxina o profesor Manuel Rosales dannos algunhas claves para recoñecer as vogais semipechadas e semiabertas. 

Ademais, aquí podedes acceder a un simulador para ver a articulación dos diferentes fonemas do galego. Outra interesante simulación interactiva é o programa Phonetics, the sound of the spoken language, que describe os sistemas fonéticos do inglés, do alemán e do español e, así mesmo, contén unha introdución xeral sobre anatomía articulatoria. Podedes acceder dende o Caderno de Lingua.

Repaso do adxectivo

domingo, 23 de marzo de 2014

Velaquí tedes unha presentación de diapositivas para repasar de maneira moi visual e sinxela o adxectivo, así como a ficha de esquemas e exercicios que empregamos na aula.

PRESENTACIÓN


FICHA DE AULA

As Cantigas de Escarnio e Maldizer e os xéneros menores


Esta presentación da profesora Sofía Rama profundiza moito máis que o que nós vimos na aula para o xénero das Cantigas de Escarnio e Maldizer e os chamados xéneros menores. Ademais, inclúe unha boa escolma comentada de composicións.
Cantiga de escarnho e maldizer

View more presentations or Upload your own.