Concurso Audiovisual "Mulleres" 2019
xoves, 7 de marzo de 2019
Ilusión e compromiso nunha nova edición de Verbas para Comunicar
xoves, 17 de maio de 2018
RELACIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS DO NOSO ALUMNADO
- 1º Premio: Candela Paz Aguiar (1º ESO A), por Non!!!
- 3º Premio: Nikol Duarte Raña (2º ESO B), por Que é a vida?
- 5º Premio: Laura Pérez Barreiro (1º ESO A), por 12 meses para para o amor.
- 2º Premio: Rime el Bahi (4º ESO B), por Branca Silueta.
- 6º Premio: Carala Mª Corugeira (2º ESO A), por As cinco inxustizas.
Audiovisual. Categoría A (12-14 anos) Individual
- 1º Premio: Xiara Suárez Valenti (2º ESO B), por Outra escola é posible.
- 3º Premio: Uxía Vidal Rubianes (1º ESo C), por A rapaza futbolista.
- 5º Premio: Sonia Baqueiro Abal (1º ESO B), por A autoestima.
- 6º Premio: Daniel Gallego Couñago (1º ESO C), por O peixiño.
Audiovisual. Categoría A (12-14 anos) Grupal (nesta categoría só se dan dous premios)
- 1º Premio: Izaskun Tellería e Lucía Costas (1º ESO B+C), por Parodiando a vida.
- 2º Premio: Anxo Barcia e Lola Barros (3º ESO C), por Non ao acoso.
Audiovisual. Categoría B (15-18 anos) Grupal (nesta categoría só se dan dous premios)
- 1º Premio: David Alján e Martín Otero (3º ESO B+C), por Dario.
Expresión literaria, creación audiovisual, xornalismo... Asumes o reto?
mércores, 14 de febreiro de 2018
Reto Lector
- Obxectivo: fomentar a lectura en galego entre os adolescentes e as adolescentes a través dun formato novidoso no que os rapaces se converten en vloggers (video blogger) literarios.
- En que consiste? Enviar ao mail galaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se dea conta da lectura de dous libros da Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria. Os vídeos non poderán exceder os dous minutos de duración. Durante eses dous minutos, os rapaces deben comentar o contido da obra, os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura.
- Categoría única: rapaces e rapazas de 12 a 16 anos. Prazos de presentación: a entrega dos vídeos estará aberta ata o día 31 de maio, e a resolución do xurado farase pública o 12 de xuño.
- Premios: a rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados.
- Bases do concurso: Galaxia.
III Concurso Ollo de Vidro de Booktráilers e Booktubers
- Obxectivos: fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
- En que consiste? Enviar a recomendocheunlibro@gmail.com unha destas pequenas pezas creativas, que consisten en resumir en non máis de 3 minutos de imaxes o contido dun libro.
- Convocan: Biblioteca
Neira Vilas, IES Castelao, Escola Oficial de Idiomas, Asociación de
Veciños de O Calvario, Biblioteca Pública do Porriño, IES Pino Manso e o
Festival de Cans.
- Categoría única: persoas e colectivos.
- Prazos de presentación: a entrega dos vídeos estará aberta ata o día 23 de abril.
- Premios:
- Os traballos finalistas serán proxectados no festival.
- 1º premio: 400€.
- 2º premio: 250€
- 3º premio: estancia en Cans con noite de hotel e entradas para asistir ao concurso de curtametraxes.
- Todos os premios teñen tamén dotacións en lotes de libros e esculturas e placas conmemorativas.
- Bases do concurso: Recoméndoche un Libro.
#AbrideaFiestra. Día de Rosalía de Castro 2018 (AELG)
- Obxectivo: expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova.
- Dúas categorías:
- Infantil e Primaria: despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, proponse para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente.
- Secundaria e Bacharelato: escenificación e gravación de mostras visibilizadoras da obra rosaliana que sigan o fío do lema #AbrideAFiestra, de xeito que o alumnado interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía e contribúa a espallala colectivamente, quebrando os muros herméticos e escuros que noutro tempo a silenciaron. Para estes efectos, suxerimos traballar sobre o texto do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro.
- Máis info.: páxina da AELG.
Youtubeiros
- En que consiste? Youtubeir@s nace coa vontade de promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento, YouTube.
- Para quen? Maiores de 14 anos.
- Categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle.
- Duración máxima: 5 minutos.
- Idioma: lingua galega.
- Prazo de inscrición: ata o 15 de marzo.
- A organización ofrece cursos formativos.
- Bases completas aquí.
- Páxina do concurso.
- Organizan: Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.
- Traballos presentados e premiados na edición 2017.
II Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro e Manuel María
- Certame que procura potenciar potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra destes dous autores.
- Categoría: unha única a partir da ESO e participación individual ou grupal.
- Prazo de preinscrición: até o 24 de marzo de 2018.
- Prazo de presentación de orixinais: antes do 21 de abril de 2018.
- Ligazón ás bases.
- Convoca: Casa-MuseoManuel María
XVConcurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil
- Educación Infantil, 1º e 2 de Primaria: debuxo que ilustre unha nova.
- Educación Primaria, de 3º a 6º curso e EE: reinterpretación dunha nova.
- ESO: entrevista.
- Valorarase o interese dos traballos, o estilo xornalístico, a corrección gramatical e a presentación da páxina.
- Premios Infantil e Primaria: en cada categoría o 1º premio correspóndese cunha estadía de fin de semana no parque Warner para 4 persoas, unha cámara de fotos dixital para o 2º premio e mais un reprodutor MP4 para o 3º premio.
- Premios Xuvenil: unha estadía dunha fin de semana en Londres para 4 persoas para o 1º premio, un libro electrónico para o 2º premio e mais un altofalante inalámbrico para o 3º premio.
- O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2018.
- Máis info.: bases.
Verbas para comunicar... un curso máis!!!
xoves, 1 de xuño de 2017
Categoría A, de 12 a 14 anos. Redacción
- 1º premio: Talía García Conde, por Poderes e inxustiza.
- 3º premio: Iria Conde Franco, por Cóntame o que pasou.
- 6º premio: Rime el Bahi, por Desaparecida.
- 1º premio: Sara Buceta, por "Eu son".
Ámote
mércores, 15 de febreiro de 2012
Estou contigo
Supoño que todo tería sido diferente se aos dezaseis anos non decidise achegarme a ti. Non se trata de saber exactamente porque senón de recordar que un día descubrín que non podía seguir vivindo sen estar contigo.
Era como se te vise en todas partes e ao mesmo tempo estabas tan lonxe... E iso que sempre estiveches aí, realmente, ao alcance da man, como esperándome. E só tiven que dar un paso. Ao principio era estraño algunhas veces. Aínda que hoxe descubro en ti cousas novas todos os días, daquela coñecíate pouco.
Lembras cando aquela profe de inglés me dixo que non eras unha boa compañía? Ou cando meu pai puxo aquela cara de pensar preocupado "Pois parece que isto vai en serio"? Nin sequera podo imaxinar como tería sido eu se non decidise que ti formarías parte da miña vida. Tampouco se trata de se tería sido mellor ou peor senón de que sería sinxelamente diferente e é precisamente iso o que me resulta difícil de imaxinar: vivir sen ti.
O que teño claro é que se decidín facelo foi porque me parecías interesante, porque contigo me sentía ben, porque me facías descubrir cousas, porque confiaba en ti e me dabas confianza e sabía que ti sentías o mesmo por min. E porque cando me dei conta souben que xa non era posíbel vivir sen estarmos xuntos. Que nos necesitabamos.
É curioso. Lembro como se sorprendía a xente que me coñecía cando comezou a vernos xuntos. Sorprendíase porque estaba contigo, como se estivese facendo algo inesperado ou estraño. Ou prohibido. Parecían non comprendelo.
Non te coñecían o suficiente. Aínda que sempre lles gustaches máis ou menos, non confiaban en ti. Con ela non vas chegar a ningún lado, dicían. Pouco a pouco foron acostumándose e cambiando de parecer a medida que viron que o noso ía para adiante.
Demostrámoslles que se equivocaban e isto estivo ben.
Así que a miña vida correu por ese camiño contigo e foime ben e mal como a todo o mundo que ten sombra e respira: acabar os estudos, o paro, o primeiro traballo e, en fin, o resto das cousas que vivimos xuntos sabendo que o noso era para sempre.
Quería reflexionar un pouco sobre todo isto e recordar que decidir vivir contigo foi unha das mellores eleccións da miña vida.
Quería dicircho sinceramente: Cambiaches a miña vida e déboche tantas cousas...
Quería dicirche Grazas.
E quería decirche que estou contigo, miña lingua.












