Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

O arco da vella sobre a Ponte Sampaio

sábado, 20 de decembro de 2014

Por Román Landín

E ao cruzar a ponte, cara a onde nos levará o arco da vella se o atravesamos?

Agora, tócache a ti!

domingo, 5 de outubro de 2014



Hai milleiros de libros agardándovos, agora tócavos a vós mover ficha. Aquí hai apenas ducia e media de títulos para escoller mais podedes propoñer algún outro máis próximo aos vosos gustos. Non tedes máis que achegarvos a eles, botarlle unha ollada na biblioteca, ler a contraportada ou as primeiras páxinas, preguntarlle a quen os lera antes... 

Ten en conta estas observacións:
  1. O traballo da lectura ha de entregarse antes do venres 28 de novembro seguindo o guión que se explicará na aula.
  2. O asterisco indica que o título marcado debe acompañarse da lectura dun libro máis.
  3. Aquel/a alumno/a que queira ler outro título que non apareza nesta listaxe debe consultalo co profesor.
  4. Os préstamos da biblioteca do colexio e do Concello teñen uns prazos marcados: respéctaos e remata  a lectura canto antes para que outra persoa poida dispoñer da posibilidade de levalos á casa.

Un mar de soños

luns, 29 de setembro de 2014

Fonte: http://bibliobn.blogspot.com.es/
Comezamos o curso cunha nova listaxe das lecturas, ampla pero menos que noutras ocasións. Hai algunha novidade editorial, títulos de comezos do século XX, non poucos coa Guerra Civil e o nazismo e o holocausto como telón de fondo, banda deseñada, algo de poesía (que será traballada maiormente na aula), novela xuvenil de aquí e acolá... Agardo dar resposta aos vosos gustos e que se adapte á bagaxe lectora tan diversa que hai nos grupos... e aínda podería haber máis posibilidades. 

Coma sempre, recoméndase botarlle unha ollada á súa presentación editorial, falar cos compañeiros e compañeiras que xa leron algúns destes libros, visionar o tráiler da película se foi levada ao cinema, ou do booktráiler, que tamén os hai, ou preguntarlle ao profesor... O caso é ler algo que nos interese! 

Lembrade: os títulos que teñen asterisco deben complementarse con outra lectura. A data de entrega é o venres 21 de novembro.

CURRÍCULUM 1900-1936
Novela
  • Otero Pedrayo, Ramón, Os camiños da vida, Galaxia. Sinopse

Relatos e Novela Curta
Poesía
  • *Manuel Antonio, De catro a catro, Galaxia. Análise
Teatro
LITERATURA XUVENIL
  • Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Destino xalundes, col. Milmanda, Xerais. Sinopse
  • Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Estación de tránsito, col. Milmanda, Xerais. Estación de tránsito
  • Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?, col. Milmanda, Xerais. Sinopse
  • Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. Sinopse
  • Bradbury, Ray, Fahrenheit 451, Xerais, col. Fóra de Xogo. Sinopse
  • Carballude, Pepe, Marxinados, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
  • Costas, Ledicia, O corazón de Xúpiter, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse
  • Maceiras, Andrea, Nubes de evolución, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse
  • Salinger, J.D., O vixía no centeo, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse. Unha montaxe audiovisual. Who wrote Holden Caufield?, por Green Day, e Catcher in the rye, por Guns N Roses.
  • *Uhlman, Fred, O reencontro, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
  • Vila Sexto, Carlos, As sete mortes, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
  • Vila Sexto, Carlos, Gárgola, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
BANDA DESEÑADA
NARRATIVA. COLECCIÓNS DE REFERENCIA DAS EDITORIAIS
  • Alcalá, Xavier, A nosa cinza, Galaxia. Sinopse e fragmento do cap. VII
  • * Allan Poe, Edgar, O corvo, col. Gótica, Urco. Sinopse. Animación The Raven (portugués). Tráiler do filme The Raven (James McTeigue, 2012).
  •  Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. Sinopse
  • Borrazás, Xurxo, Contos malvados, Xerais. Sinopse
  • Fernández Ferreiro, Xosé, Agosto do 36, Xerais. Sinopse
  • Irving, Washintong, A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos, col. Gótica, Urco.  Sinopse. Tráiler do filme (Tim Burton, 1999)
  • Miranda, Xosé, Morning Star, Xerais. Sinopse
  • Orwell, George, A revolta dos animais, Edicións Positivas. Sinopse na Galipedia. Animal's farm (1954)
  • Reimóndez, María, O club da calceta, Xerais. Sinopse. Tráiler do filme (Antón Dobao, 2008).
  • Rivas, Manuel, O lapis do carpinteiro. Xerais. Sinopse. Fragmento do filme (Antón Reixa, 2002).
  • Riveiro Coello, Antón, As rulas de Bakunin, Galaxia. Sinopse
  • *Taylor, Kressman, Enderezo descoñecido, Xerais. Sinopse
  • Villar, Domingo, A praia dos afogados, Galaxia. Sinopse.
  • Villar, Domingo, Ollos de auga, Galaxia. Sinopse
POESÍA
TEATRO
  • *Núñez Singala, Manuel, Comedia bífida, Galaxia. Sinopse

Pontesa, lembranzas dunha fábrica

xoves, 26 de xuño de 2014

Co remate do curso é o momento de facer balance e de recuperar neste blogue algúns dos traballos que se foron facendo nas aulas de lingua galega ao longo destes últimos meses. Un dos proxectos colectivos máis potentes e ilusionantes que se levou a cabo no noso colexio foi a recuperación da memoria da antiga fábrica da Pontesa.

Grazas a este proxecto, que coordinou a profesora Ana Aguiar dentro do programa Fotografía en Curso,  o alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de formarse na arte fotográfica da man da súa profesora de Plástica e da fotógrafa Marta Moreiras. Froito desa formación e do seu traballo é a colección de fotografías sobre "espazos baleiros" que se pode ver na exposición Pontesa, lembranzas dunha fábrica, aberta ata mañá no Multiusos de Arcade. 

Pero o proxecto medrou coa participación doutros departamentos como Lingua Castela, Matemáticas, Música e Ciencias Sociais. As fotografías medraron, daquela, con vídeos e entrevistas, reportaxes, retratos, etc. que foron enchendo de memoria una espazo baleiro, o da factoría de Pontesampaio, no que traballaron -e viviron- moitos familiares e veciños/as do alumnado do noso centro e que foi un dos motores da economía da nosa comarca durante décadas. Parte do seu traballo pódese ver aquí

Dende a Departamento de Lingua Galega puxemos o noso pequeno gran de area, que tamén foi encamiñado a recuperar a memoria dos traballadores e traballadoras da Pontesa. Deste modo, ao longo do segundo trimestre do curso, o alumnado de 1º da ESO A e B analizou primeiramente o xénero da entrevista xornalística e logo elaborou en grupo un cuestionario común para facerlles as entrevistas aos familiares e veciños/as que traballaron na fábrica e que colaboraron con nós para recuperar as historias do seu paso pola Pontesa. 

Estas que traemos aquí son só dúas mostras do traballo feito, que iremos completando nos próximos días. A primeira é un podcast coa entrevista realizada por Alejandro Prego Reguera e Jaime Ortiz Villar (1º ESO B) a Manuel Fuentes Agulla e María Dolores Landeiro Blanco, veciños de Arcade de 71 e 70 anos respectivamente. Foi gravada o 13 de febreiro de 2014 na casa dos entrevistados. As fotografías son de Jaime Ortiz.


Agradecemos a Manuel e Mª Dolores a súa colaboración e felicitamos a Alex e Jaime polo seu bo traballo.
  

O segundo traballo foi realizado por Sergio Cabaleiro Carballo e Aitor Amoedo Bouzas, avezados xornalistas de A Voz de Soutomaior, que entrevista a un antiga empregada da Pontesa, Eva Bouzas, á que agradecemos a súa colaboración. Hai que premer na imaxe para ler a entrevista.


Tedes algo que comunicar?

mércores, 30 de abril de 2014

Un ano máis a Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca o Concurso Literario Verbas para comunicar, que xa chega á súa sétima edición. Este certame ten como obxectivo impulsar a creatividade, a comunicación e a lingua galega entre a mocidade do municipio. O Equipo de Normalización Lingüística do colexio, xunto co Departamento de Lingua Galega e o profesorado do ámbito sociolingüístico, colaboran neste certame para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao poeta Xosé María Díaz Castro. Nos taboleiros das aulas da ESO tamén podedes consultar as bases do concurso, que coma sempre ten uns premios moi atractivos en cada unha das categorías (A, de 12 a 14 anos; e B, de 15 a 18):
  • 1º Premio: Tablet
  • 2º Premio: Libro electrónico
  • 3º Premio: Cámara fotográfica
  • 4º Premio: Marco dixital
  • 5º Premio: Impresora
  • 6º Premio: auriculares
As bases son moi flexibles e abertas para que todos e todas vós atopedes iso tan importante que queredes expresar. Os requisitos básicos son:
  1. A temática será libre tendo en conta que o obxectivo xeral é transmitir unha idea, unha opinión, un sentimento... que desexemos compartir con outras persoas.
  2. Estará redactado en galego e valorarase a corrección lingüística, así como a presentación adecuada e a orixinalidade do traballo.
  3. O texto non poderá superar as 12 liñas e presentarase en papel ou cartolina que non supere o tamaño A4. O formato é, polo tanto, tamén libre: prosa, poesía, unha mensaxe, unha carta, un artigo de opinión, etc.
Pensade nunha idea, tirade dela, dádelle forma, pensade nos materiais se ides debuxar ou ilustrar o texto e... non deixedes de consultar todas as dúbidas cos vosos profesores e profesoras e, xa sabedes
E non esquezades que o prazo remata o 9 de maio!

Unha ducia de lecturas para rematar o curso (1º ESO)

xoves, 10 de abril de 2014



Propostas a eito para a lectura da 3º avaliación (3º ESO)


Como poderedes ver na listaxe, tocamos todos os xéneros e temáticas variadas para encarar a derradeira lectura do curso. Picade, lede, probade e avante! Se algún ou algunha de vós quere escoller outro libro, ten que falar antes co profesor. Unha última observación: quen lea algunha das lecturas marcadas con asterisco ten que escoller un segundo título, xa que se trata de lecturas moi breves.

Narrativa
  • Ana Frank, O diario de Ana Frank, Kalandraka. Sinopse
  • Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter, Edicións Xerais. Sinopse
  • * Eric-Emmanuel Schmitt, O señor Ibrahim e as flores do Corán, Faktoria K. Sinopse. Tráiler do filme.
  • Lienas, Gemma, O diario vermello de Carlota, Galaxia. Sinopse.
  • Rosa Aneiros, Ámote Leo A., Xerais. Sinopse
  • Séchu Sende, Made in Galiza, Galaxia. Sinopse
  • Süskind, Patrick, O perfume, Sotelo Blanco. Sinopse. Tráiler do filme.
  • Xurxo Borrazás, Criminal, Sotelo Blanco. Sinopse
Poesía
  • * Carlos Negro, Makinaria, Edicións Xerais. Sinopse
  • * Carlos Negro, Penúltimas tendencias, Edicións Xerais. Sinopse.
  • * Fran Alonso, Poetízate (antoloxía), Edicións Xerais. Sinopse
Banda Deseñada
  • * Cava e Segui, As serpes cegas, BD Banda. Sinopse.
  • * David Montero, Sen mirar atrás, Demo Editorial. Sinopse. Booktráiler.
  • Marjane Satrapi, Persépole, Rinoceronte Editora. Sinopse. Tráiler
  • * Paco Roca, Engurras, El Patito Editorial. Sinopse. Tráiler
  • Prado, Miguelanxo, Ardalén, El Patito Editorial. Sinopse. 
Teatro
  • * Castelao, Os vellos non deben de namorarse, Editorial Galaxia. Sinopse
  • * Manuel Núñez Singala, Comedia Bífida, Editorial Galaxia. Sinopse
GUIÓN DOS TRABALLOS
Tanto os traballos das lecturas obrigatorias como das optativas, se queredes ler un segundo libro, debe seguir este esquema que xa coñecedes de cursos anteriores:
  1. Ficha bibliográfica:
    1. Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, colección, editorial, lugar e data de edición.
    2. Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relatos), poesía, teatro.
    3. Subxénero literario (para a novela): novela de aventuras, ciencia-ficción, negra, histórica, terror…
  2. O/a autor/a: breve reseña da vida e, sobre todo,  da obra do autor ou autora.
  3. Argumento: non pode superar unha páxina de extensión. Débese ser sintético e sintetizar a obra sen entrar en detalles superficiais.
  4. Tema(s): sinalarase o tema principal diferenciándoo, ademais, dos temas secundarios.
  5. Personaxes: diferenciar entre principais e secundarios. Descrición dos protagonistas (aspecto físico, psicoloxía..).
  6. Tempo e espazo: hai que describir os espazos da obra e determinar a época na que ten lugar a acción.
  7. Valoración persoal: hai que emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa lectura, etc. Débese facer unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que indiques a que tipo de lector pode gustarlle (segundo os temas e valores que trata, en relación a outras obras lidas ou películas vistas, etc.).