Hai milleiros de libros agardándovos, agora tócavos a vós mover ficha. Aquí hai apenas ducia e media de títulos para escoller mais podedes propoñer algún outro máis próximo aos vosos gustos. Non tedes máis que achegarvos a eles, botarlle unha ollada na biblioteca, ler a contraportada ou as primeiras páxinas, preguntarlle a quen os lera antes...
Ten en conta estas observacións:
- O traballo da lectura ha de entregarse antes do venres 28 de novembro seguindo o guión que se explicará na aula.
- O asterisco indica que o título marcado debe acompañarse da lectura dun libro máis.
- Aquel/a alumno/a que queira ler outro título que non apareza nesta listaxe debe consultalo co profesor.
- Os préstamos da biblioteca do colexio e do Concello teñen uns prazos marcados: respéctaos e remata a lectura canto antes para que outra persoa poida dispoñer da posibilidade de levalos á casa.
- Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno, col. Fóra de Xogo, Xerais.
- Agustín Fernández Paz, Trece anos de Branca, Rodeira-Edebé.
- Ana Frank, O diario de Ana Frank, Kalandraka.
- *Antonio Seijas, Cartas de inverno (cómic), Xerais.
- Anxo Fariña, A chave da Atlántida, col. Merlín, Xerais.
- Breogán Riveiro, Tonecho de Rebordechao, col. Árbore, Editorial Galaxia.
- Denis M. (Denís López Horro), A caza do ghazafello, Xerais.
- Elena Gallego, Dragal (calquera das dúas entregas da saga), col. Fóra de Xogo, Xerais.
- Fernando Cimadevila, O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños, Urco Editora. Booktráiler
- Francisco Castro, Chamádeme Simbad, col. Árbore, Editorial Galaxia.
- Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira, col. Árbore, Galaxia.
- Ledicia Costas, Unha estrela no vento, col. Fóra de Xogo, Xerais.
- Maite Carrazan, O clan da loba (col. A guerra das bruxas), Edebé-Rodeira. Booktráiler
- Manuel Lourenzo González, Tanis I, o Mocos, col. Merlín, Edicións Xerais.
- Miguel Vázquez Freire, A malvada María Xosé, col. Merlín, Edicións Xerais.
- *Paco Roca, Engurras (cómic), El Patito Editorial. Tráiler do filme
- Paula Carballeira, O lobishome de Candeán, col. Costa Oeste, Galaxia.
- Robert Louis Stevenson, A illa do Tesouro, col. Xabarín de Ouro, Edicións Xerais.
0 comentarios:
Publicar un comentario