Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 
Amosando publicacións coa etiqueta literatura trobadoresca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura trobadoresca. Amosar todas as publicacións

Literatura medieval I: as cantigas de amigo

domingo, 8 de xaneiro de 2012

Agora que xa andamos metidos na análise das cantigas de amigo, tede moi en conta para cando as precisedes as presentacións que vimos devagar na primeira avaliación.

Na primeira delas, do profesor Ramón Cruces Colado (IES de Cacheiras), ademais do repaso xeral ao tema (diapos 1 a 16), deunos tempo a ver as cantigas de amigo (diapos 30 a 50), xénero profano do que fixemos unha caracterización xeral que atendeu á temática e aos principais recursos formais.
A segunda foi especialmente interesante e divertida para vós e permitiunos recoñecer algúns dos símbolos poéticos que nos axudan a facer unha lectura máis acaída das cantigas de amiga. Este traballo debémosllo á compañeira Ana Martíns, profesora de Lingua e Literatura do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, a quen lle agradecemos esta contribución.
Símbolos nas cantigas de amigo
View more presentations from revoltalingua
Para rematar, recuperamos esta interpretación da cantiga "Mandad'ei comigo" a cargo do grupo de música antiga Martín Códax, que musicou, entre outras moitas, as composicións deste trobador da ría de Vigo, a quen lle debemos as únicas pezas musicadas que se conservan do noso rico patrimonio literario medieval grazas á descuberta do Pergamiño Vindel.

Lingua e literatura galego-portuguesa na Idade Media

Logo de achegármonos á realidade plurilingüe peninsular e de situarmos o territorio lingüístico actual do galego, profundizamos nas orixes do idioma. Para iso, acompañamos as explicacións de aula e do libro de texto con esta presentación (diapos 7 a 16), que tamén nos serviu para introducir esquematicamente a literatura galego-portuguesa medieval (diapos 17 a 21), que xa coñecerades na súa dimensión musical a primeiros de curso nas clases de Paula, que nos ocupou no mes de decembro na nosa materia e que durante xaneiro abordaremos máis polo miúdo en cada un dos seus xéneros.