Agora que xa andamos metidos na análise das cantigas de amigo, tede moi en conta para cando as precisedes as presentacións que vimos devagar na primeira avaliación.
Na primeira delas, do profesor Ramón Cruces Colado (IES de Cacheiras), ademais do repaso xeral ao tema (diapos 1 a 16), deunos tempo a ver as cantigas de amigo (diapos 30 a 50), xénero profano do que fixemos unha caracterización xeral que atendeu á temática e aos principais recursos formais.
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
View more presentations from Román Landín
A segunda foi especialmente interesante e divertida para vós e permitiunos recoñecer algúns dos símbolos poéticos que nos axudan a facer unha lectura máis acaída das cantigas de amiga. Este traballo debémosllo á compañeira Ana Martíns, profesora de Lingua e Literatura do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, a quen lle agradecemos esta contribución.
Símbolos nas cantigas de amigo View more presentations from revoltalingua
Para rematar, recuperamos esta interpretación da cantiga "Mandad'ei comigo" a cargo do grupo de música antiga Martín Códax, que musicou, entre outras moitas, as composicións deste trobador da ría de Vigo, a quen lle debemos as únicas pezas musicadas que se conservan do noso rico patrimonio literario medieval grazas á descuberta do Pergamiño Vindel.
0 comentarios:
Publicar un comentario