Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Arredor da literatura: a linguaxe, os xéneros, a literatura culta e popular

martes, 17 de xaneiro de 2012

Nas últimas semanas mergullámonos na literatura como fenómeno artístico para coñecer máis polo miúdo as características da súa linguaxe e os xéneros literarios principais. Ademais, xa dende comezos de curso, fomos traballando o subxénero do conto e os elementos fundamentais do texto narrativo.

Lemos e analizamos contos, fixemos os nosos primeiros borradores e escribimos os nosos primeiros relatos breves. Así mesmo, algúns de vós xa tedes unha base para o conto que, se resulta seleccionado finalmente, poderá participar no Concurso de Relato Curto do colexio.

As dúas presentacións seguintes servirannos para repasar os esquemas sobre literatura dos tres primeiros temas porque, ademais de expresarnos creativamente, tamén temos por diante un exame.

A primeira xa a coñecedes, pasámola na aula e podedes descargala dende o ordenador da clase.

A segunda tomámola presentada da profesora Noemí Pazó e non a coñecía cando na aula repasamos as diferenzas entre a literatura culta e a literatura popular. Pero aínda a habemos aproveitar para o noso concurso e o traballo de investigación sobre a literatura popular oral.

0 comentarios:

Publicar un comentario