Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 
Amosando publicacións coa etiqueta Pontesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pontesa. Amosar todas as publicacións

Pontesa, lembranzas dunha fábrica

xoves, 26 de xuño de 2014

Co remate do curso é o momento de facer balance e de recuperar neste blogue algúns dos traballos que se foron facendo nas aulas de lingua galega ao longo destes últimos meses. Un dos proxectos colectivos máis potentes e ilusionantes que se levou a cabo no noso colexio foi a recuperación da memoria da antiga fábrica da Pontesa.

Grazas a este proxecto, que coordinou a profesora Ana Aguiar dentro do programa Fotografía en Curso,  o alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de formarse na arte fotográfica da man da súa profesora de Plástica e da fotógrafa Marta Moreiras. Froito desa formación e do seu traballo é a colección de fotografías sobre "espazos baleiros" que se pode ver na exposición Pontesa, lembranzas dunha fábrica, aberta ata mañá no Multiusos de Arcade. 

Pero o proxecto medrou coa participación doutros departamentos como Lingua Castela, Matemáticas, Música e Ciencias Sociais. As fotografías medraron, daquela, con vídeos e entrevistas, reportaxes, retratos, etc. que foron enchendo de memoria una espazo baleiro, o da factoría de Pontesampaio, no que traballaron -e viviron- moitos familiares e veciños/as do alumnado do noso centro e que foi un dos motores da economía da nosa comarca durante décadas. Parte do seu traballo pódese ver aquí. 

Dende a Departamento de Lingua Galega puxemos o noso pequeno gran de area, que tamén foi encamiñado a recuperar a memoria dos traballadores e traballadoras da Pontesa. Deste modo, ao longo do segundo trimestre do curso, o alumnado de 1º da ESO A e B analizou primeiramente o xénero da entrevista xornalística e logo elaborou en grupo un cuestionario común para facerlles as entrevistas aos familiares e veciños/as que traballaron na fábrica e que colaboraron con nós para recuperar as historias do seu paso pola Pontesa. 

Estas que traemos aquí son só dúas mostras do traballo feito, que iremos completando nos próximos días. A primeira é un podcast coa entrevista realizada por Alejandro Prego Reguera e Jaime Ortiz Villar (1º ESO B) a Manuel Fuentes Agulla e María Dolores Landeiro Blanco, veciños de Arcade de 71 e 70 anos respectivamente. Foi gravada o 13 de febreiro de 2014 na casa dos entrevistados. As fotografías son de Jaime Ortiz.


Agradecemos a Manuel e Mª Dolores a súa colaboración e felicitamos a Alex e Jaime polo seu bo traballo.
  

O segundo traballo foi realizado por Sergio Cabaleiro Carballo e Aitor Amoedo Bouzas, avezados xornalistas de A Voz de Soutomaior, que entrevista a un antiga empregada da Pontesa, Eva Bouzas, á que agradecemos a súa colaboración. Hai que premer na imaxe para ler a entrevista.