Fonte: http://bibliobn.blogspot.com.es/ |
Comezamos o curso cunha nova listaxe das lecturas, ampla pero menos que noutras ocasións. Hai algunha novidade editorial, títulos de comezos do século XX, non poucos coa Guerra Civil e o nazismo e o holocausto como telón de fondo, banda deseñada, algo de poesía (que será traballada maiormente na aula), novela xuvenil de aquí e acolá... Agardo dar resposta aos vosos gustos e que se adapte á bagaxe lectora tan diversa que hai nos grupos... e aínda podería haber máis posibilidades.
Coma sempre, recoméndase botarlle unha ollada á súa presentación editorial, falar cos compañeiros e compañeiras que xa leron algúns destes libros, visionar o tráiler da película se foi levada ao cinema, ou do booktráiler, que tamén os hai, ou preguntarlle ao profesor... O caso é ler algo que nos interese!
Lembrade: os títulos que teñen asterisco deben complementarse con outra lectura. A data de entrega é o venres 21 de novembro.
CURRÍCULUM 1900-1936
Novela
Relatos e Novela Curta
Novela
- Otero Pedrayo, Ramón, Os camiños da vida, Galaxia. Sinopse
Relatos e Novela Curta
- * Castelao, Os dous de sempre. Galaxia. Sinopse
- * Castelao, Retrincos, Galaxia. Sinopse. Relato "O segredo"
- * Castelao, Un ollo de vidro, Galaxia. Entrada na Galipedia
- Cunqueiro, Álvaro, Os outros feirantes, Galaxia. Sinopse
- *Manuel Antonio, De catro a catro, Galaxia. Análise
- *Castelao, Os vellos non deben de namorarse, Galaxia. Sinopse. Fragmento da representación teatral
- Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Destino xalundes, col. Milmanda, Xerais. Sinopse
- Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Estación de tránsito, col. Milmanda, Xerais. Estación de tránsito
- Aneiros, Rosa, Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?, col. Milmanda, Xerais. Sinopse
- Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. Sinopse
- Bradbury, Ray, Fahrenheit 451, Xerais, col. Fóra de Xogo. Sinopse
- Carballude, Pepe, Marxinados, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
- Costas, Ledicia, O corazón de Xúpiter, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse
- Maceiras, Andrea, Nubes de evolución, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse
- Salinger, J.D., O vixía no centeo, col. Fóra de Xogo, Xerais. Sinopse. Unha montaxe audiovisual. Who wrote Holden Caufield?, por Green Day, e Catcher in the rye, por Guns N Roses.
- *Uhlman, Fred, O reencontro, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
- Vila Sexto, Carlos, As sete mortes, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
- Vila Sexto, Carlos, Gárgola, col. Costa Oeste, Galaxia. Sinopse
BANDA DESEÑADA
- Prado, Miguelanxo, Ardalén, El Patito Editorial. Sinopse
- Sacco, Joe, Palestina, Rinoceronte Editora.Sinopse
- Satrapi, Marjane, Persépole, Rinoceronte Editora. Sinopse. Tráiler do filme (orixinal francés).
- Spiegelman, Arti, Maus, Inrevés. Sinopse. Book Tráiler. Curtametraxe 3D.
NARRATIVA. COLECCIÓNS DE REFERENCIA DAS EDITORIAIS
- Alcalá, Xavier, A nosa cinza, Galaxia. Sinopse e fragmento do cap. VII
- * Allan Poe, Edgar, O corvo, col. Gótica, Urco. Sinopse. Animación The Raven (portugués). Tráiler do filme The Raven (James McTeigue, 2012).
- Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. Sinopse
- Borrazás, Xurxo, Contos malvados, Xerais. Sinopse
- Fernández Ferreiro, Xosé, Agosto do 36, Xerais. Sinopse
- Irving, Washintong, A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos, col. Gótica, Urco. Sinopse. Tráiler do filme (Tim Burton, 1999)
- Miranda, Xosé, Morning Star, Xerais. Sinopse
- Orwell, George, A revolta dos animais, Edicións Positivas. Sinopse na Galipedia. Animal's farm (1954)
- Reimóndez, María, O club da calceta, Xerais. Sinopse. Tráiler do filme (Antón Dobao, 2008).
- Rivas, Manuel, O lapis do carpinteiro. Xerais. Sinopse. Fragmento do filme (Antón Reixa, 2002).
- Riveiro Coello, Antón, As rulas de Bakunin, Galaxia. Sinopse
- *Taylor, Kressman, Enderezo descoñecido, Xerais. Sinopse
- Villar, Domingo, A praia dos afogados, Galaxia. Sinopse.
- Villar, Domingo, Ollos de auga, Galaxia. Sinopse
POESÍA
- * Lado, María, Casa Atlántica, Casa Cabaret, col. Ablativo Absoluto, Xerais. Reseña
- * Negro, Carlos, Makinaria, Xerais. Nota editorial. Entrevista e recitado co poeta (Proxecto SonCine - Vinte Dez, IES de Porto do Son)
- * Pereiro, Lois, Poesía última de amor e enfermidade, Edicións Positivas. Nota editorial
TEATRO
- *Núñez Singala, Manuel, Comedia bífida, Galaxia. Sinopse
0 comentarios:
Publicar un comentario