Onte tivo lugar no pabillón da Montesiña
a gala de entrega de premios do XI Concurso Verbas para Comunicar, que
ten como obxectivo promover o uso da lingua galega entre a mocidade dun
xeito lúdico e atractivo e asociado aos seus intereses e gustos con
motivo do Día das Letras Galegas. Ao acto, ao que acudiron alumnos e
alumnas do noso centro e do Colexio Santiago Apóstolo, foi conducido
polo dúo Falabaratas, que deu paso á concesión de galardóns, entregados polo Alcalde, Agustín Reguera, e a Concelleira de Mocidade, Noelia Ocampo.
Nesta edición entregáronse case 300 traballos nas diferentes modalidades,
entre textos, pezasde audio e gravacións audiovisuais. Hai que destacar
unha grande presenza deproblemáticas como a violencia e a desigualdade
de xénero e os lumes, que no outono pasado asolaron os montes do noso
municipio. Dende o EDLG felicitamos a todos os participantes e
animámosvos a manter, e mesmo mellorar, o nivel de cara ao ano que vén.
RELACIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS DO NOSO ALUMNADO
Redacción. Categoría A (12-14 anos).
- 1º Premio: Candela Paz Aguiar (1º ESO A), por Non!!!
- 3º Premio: Nikol Duarte Raña (2º ESO B), por Que é a vida?
- 5º Premio: Laura Pérez Barreiro (1º ESO A), por 12 meses para para o amor.
Redacción. Categoría B (15-18 anos)- 1º Premio: Candela Paz Aguiar (1º ESO A), por Non!!!
- 3º Premio: Nikol Duarte Raña (2º ESO B), por Que é a vida?
- 5º Premio: Laura Pérez Barreiro (1º ESO A), por 12 meses para para o amor.
- 2º Premio: Rime el Bahi (4º ESO B), por Branca Silueta.
- 6º Premio: Carala Mª Corugeira (2º ESO A), por As cinco inxustizas.
Audiovisual. Categoría A (12-14 anos) Individual
- 1º Premio: Xiara Suárez Valenti (2º ESO B), por Outra escola é posible.
- 3º Premio: Uxía Vidal Rubianes (1º ESo C), por A rapaza futbolista.
- 5º Premio: Sonia Baqueiro Abal (1º ESO B), por A autoestima.
- 6º Premio: Daniel Gallego Couñago (1º ESO C), por O peixiño.
Audiovisual. Categoría A (12-14 anos) Grupal (nesta categoría só se dan dous premios)
- 1º Premio: Izaskun Tellería e Lucía Costas (1º ESO B+C), por Parodiando a vida.
- 2º Premio: Anxo Barcia e Lola Barros (3º ESO C), por Non ao acoso.
Audiovisual. Categoría B (15-18 anos) Grupal (nesta categoría só se dan dous premios)
- 1º Premio: David Alján e Martín Otero (3º ESO B+C), por Dario.
0 comentarios:
Publicar un comentario