A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia volven convocar unha nova edición do concurso Lingua de Namorar, un certame que procura dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas
relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e
na mensaxería instantánea.
O alumnado de 3º e 4º da ESO pode participar na Categoría A (de 14 a 19 anos), pero tamén pode animar ás amizades e familiares de entre 20 e 35 anos para que participen na Categoría B (de 20 a 35 anos). Este é un resumo das bases, que se poden ler de forma íntegra aquí. Así que xa sabedes, cavilade un pouco, sentide moito, redactade esa mensaxe de (des)amor e bulide, que o prazo de envío de textos remata o 29 de xaneiro (formulario de inscrición).
1. Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
2. Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1° Hoveboard Nilox (rodas 6,5, batería 20 km., velocidade máxima 10km/h) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa da súa estadía en a Vigo en 2017 e 2018.
2° Cámara Fuji instantánea mini 9 ( fotos 62 x 46 mm.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Auricular Panasonic Diadema (bluetooth, 20 horas de autonomía) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1° Smart TV Panasonic 32” (Full HD, TDT2, navegador web, 2 x HDMI) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
2° Smartphone Wiko 5” (16 GB, 4G, IPS HD, Android 7, 5/13 Mpx) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Cámara deportiva Mini Wifi 2” (Full HD, ángulo 140º, resistente á auga 30m.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3. Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns, 29 de xaneiro. Do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
4. Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade. Poderá consultarse aquí o nome das persoas gañadoras, a partir do 7 de febreiro.
5. Entrega de premios
O día 14 de febreiro terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2018. O acto de entrega será no Museo do Mar de Galicia.
Mensaxes Gañadoras en edicións anteriores
Lingua de Namorar 2017
Lingua de Namorar 2016
0 comentarios:
Publicar un comentario