Á espera de lermos A señorita Bubble (Ed. Xerais, col. "Sopa de Libros", 2017) e mais a súa última novela premiada, Plumas e unicornios (Premio Lazarillo de Tormes 2017), regresamos a Ledicia Costas nas lecturas para o alumnado de 1º e 2º da ESO.
En 1º da ESO a lectura do segundo trimestre do curso é Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, unha historia que arranca cando o afamado novelista chega o 21 de maio
de 1884 a Vigo a bordo do seu impoñente iate atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Se premedes aquí, poderedes escoitar como se xestou esta novela da boca da autora no programa Zig Zag da TVG.
En 2º da ESO o título escollido é O corazón de Xúpiter, que relata a vida dunha moza, Isla, dende que os seus pais deciden mudar de cidade. Alí, mentres se vai adaptando ao novo instituto, segue a dar os seus paseos polo espazo, avistando planetas a través do
telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da
tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre
astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que
semellaba saber moito de estrelas.
O alumnado de 4º da ESO do IES Castro Alobre de Vilagarcía realizou este booktráiler da novela para convidarvos a lela.
0 comentarios:
Publicar un comentario