APARTADOS DO TRABALLO
1. Ficha bibliográfica- Título, autor, editorial, colección, lugar e data de edición. Outros aspectos: ilustrador/a se ten e o/a tradutor/a, se foi traducida ao galego.
- Debe incluír tamén o xénero (narrativa, poesía, teatro) e o subxénero (terro, aventuras, ciencia-ficción, misterio…) literario da obra.
3. Tema(s): hai que identificar o tema principal en torno ao que xiran os acontecementos así como os temas secundarios. Non só hai que nomear, senón explicar brevemente.
4. Estrutura: indicarase de que partes de compón, se é lineal ou cronolóxica, circular, fragmentaria, etc.
5. Tempo (interno e externo) e espazo (real ou imaxinario, un simple escenario ou cunha función relevante na historia…).
6. Narrador(es) e punto de vista: cómpre poñer exemplos, xustificar.
7. Personaxes: é preciso describir os protagonistas indicando como son física e psicoloxicamente: como actúan, como evolúen ao longo da historia, etc. Finalmente, hai que identificar os personaxes secundarios e simplemente indicar que papel cumpren respecto da historia. Tamén s epode identificar o(s) protagonista(s) e o(s) antagonista(s).
8. Opinión persoal: hai que emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa lectura, etc. Débese facer unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que indiques a que tipo de lector pode gustarlle (segundo os temas e valores que trata, en relación a outras obras lidas ou películas vistas, etc.).
E unha última parte.... CREATIVA, individual ou grupal, sobre a lectura: crear un cómic, un booktrailer, un mapa interactivo, unha representación ou performance, unha presentación sobre algún aspecto concreto, un clube de lectura, etc.
FORMA DO TRABALLO
A PORTADA
- Debe figurar o título da obra e o nome e apelidos do/a escritor/a, así como do/a autor/a do traballo.
- Pode incluír unha imaxe ou debuxo da portada do libro ou dalgún elemento relacionado coa lectura.
- Extensión: non debe pasar de 3 ou 4 folios, se é utilizado o ordenador, e algo máis se é feito a man.
- Presentación: coidada, atendendo especialmente á correcta expresión gramatical e ortográfica.
- Formato. Se o traballo se realiza cun programa de tratamento de textos no ordenador, presentará:
- Fonte: Times New Roman ou Arial (14 ou 16)
- Parágrafo : Centrado
- Fonte: Times New Roman ou Arial (12)
- Parágrafo: Xustificado
- Cada novo parágrafo comezará cunha sangría.
1 comentarios:
Noraboa pola nova proposta e grazas por compartila, porque aviso que "apaňarei" o que poida...
Publicar un comentario