Os prazos para a entrega dos textos dos concursos Lingua de namorar e II Certame de Relato Curto de FANPA van chegando á súa fin, así que bulide se queredes chegar a tempo. Lembremos os principios requisitos que debemos ter en conta para participar neles.
Lingua de Namorar 2016 (Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia)
- A data límite é o domingo 28 de febreiro.
- Podedes participar na categoría A (de 14 a 19 anos). Hai unha categoría B para os maiores de 20 anos ata 35 anos.
- As mensaxes de amor deben estar escritas en lingua galega e poden redactarse en verso ou prosa.
- A súa extensión máxima será de 350 caracteres (cóntanse os espazos en branco e os signos de puntuación) e cada participante poderá enviar dous textos a través deste formulario dixital no que se piden tamén os seus datos persoais. Poden levar título (dentro dos 350 caracteres).
- Valorarase o grao de elaboración da mensaxe, a súa orixinalidade e a calidade lingüística.
- Eliminaranse todas aquelas mensaxes de carácter discriminatorio e ofensivo.
- Consultade as bases completas aquí: premios, sistema de participación e votación, etc.
IV Certame de Relato Curto (Federación de Asociacións de Nais e Pais decentros públicos de Pontevedra - FANPA)
- A data límte é o luns 29 de febreiro.
- Participades na categoría de Secundaria.
- Os textos estarán escritos en lingua galega, deben ser inéditos e a temática é libre.
- Os textos narrativos terán unha extensión mínima de 200 palabras e unha máxima de 300.
- Os traballos deben estar asinados cun pseudónimo. Os relatos deben enviarse en formato DOC, DOCX e ODT, tipo de letra Times New Roman, tamaño 12 e interliñado 1'5.
- Os relatos que pasen á fase final serán publicados en libro colectivo e todos os autores e autoras finalistas recibirán un exemplar. A gala final celebrarase en Pontevedra no mes de maio.
- Consultade as bases nesta páxina da FANPA.
0 comentarios:
Publicar un comentario