O EDLG do CPI M. Padín Truiteiro convoca o II Certame de Relato Curto coa finalidade de promover a creación
literaria no alumnado e incentivar a creatividade en galego.
Bases para a ESO e para o
profesorado
1. Participantes:
alumnado de todos os niveis educativos do colexio que estean matriculados no
presente curso 2012-2012. Profesorado dos tres niveis educativos.
2. Temática:
os relatos han de ser orixinais, estarán redactados en lingua galega e versarán
sobre a temática que centrou o XIV Salón do libro e Infantil e Xuvenil de Pontevedra,
co que sempre colabora o EDLG:
Do
latín machĭna, a Máquina é un
conxunto de mecanismos formado de elementos móbiles ou fixos dispostos para
aproveitar, dirixir, regular ou transformar enerxía, permitindo realizar
distintos traballos.
Inventáronse
para solucionar grandes retos: un guindastre ou unha escavadora son máquinas;
pero tamén unha bicicleta, os foguetes espaciais ou un simple coitelo, un
ordenador, as escaleiras mecánicas… : son inventos humanos que reducen o
esforzo necesario para realizar un traballo.
A
máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo
o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para
escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina para facer cóxegas,
unha máquina para volverse invisible, etc.
O
ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de
combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música… invitámosvos pois a
maquinar sobre as máquinas.
3.
Categorías:
• ESO: 1º ciclo e 2º ciclo da ESO.
• Profesorado.
4.
Extensión máxima:
a extensión dos relatos non poderá superar as 300 palabras. Os textos poderán
incluír ilustracións referidas ao contido do conto, que non computarán como
páxinas do relato.
5.
Presentación:
Os traballos entregaranse ao
profesorado de Lingua Galega nun sobre, que terá que incluír pseudónimo pola
súa parte externa. Deberán entregarse en tamaño folio DIN A4, tamaño 11, a
espazo e medio, debidamente grampado ou encadernado. En cada traballo figurará
o pseudónimo do autor ou autora. Os datos persoais (nome e apelidos e curso)
incluiranse nun papeliño dobrado no interior do sobre. O xurado valorará unha
coidada presentación dos traballos (limpeza, corrección lingüística,
orixinalidade, etc.).
6.
Prazo de entrega:
a data límite é o luns, 27 de maio, inclusive.
7.
Premios:
entregaranse dous premios por categoría, consistentes nun lote de obsequios
doados polo Concello de Soutomaior e o EDLG.
8.
Xurado:
estará constituído por cinco membros da Comunidade Escolar do CPI Manuel Padín
Truiteiro que sexan compoñentes do EDLG ou persoas delegadas polo Equipo para
esta función.
9.
A resolución:
darase a coñecer no mes de maio. O acto de entrega será fixado e publicitado
nesas datas pola organización do certame.
10.
Publicación:
os relatos gañadores publicaranse nos sitios web do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario