Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Falabamos así hai 6.000 anos?

mércores, 2 de outubro de 2013

As modernas linguas indoeuropeas, á que pertencen a maioría das linguas de Europa e Asia meridional, descenden dunha única lingua, chamada protoindoeuropea, que era falada por un pobo que viviu entre os anos 4.500 e 2.500 antes de Cristo, e non deixou textos escritos. Como é lóxico, os científicos preguntáronse como soaría esa lingua orixinal. 


En 1868, o lingüista alemán August Schleicher utilizou un vocabulario protoindoeuropeo reconstruído-cun método comparativo a partir de similitudes entre o sánscrito, o grego clásico, o latín, o xermánico, etc-, para crear unha fábula, co obxectivo de escoitar unha aproximación desa linguaxe. Coñecida como a fábula de Schleicher ou «A ovella e os cabalos», a parábola narra a historia dunha ovella rapada que se encontra no campo cun grupo de cabalos algo respondons. A ovella dilles que lle doe o corazón ao ver aos equinos cargados e cun xinete enriba, e os cabalos lle contestan que tamén lles doe a eles cando ven o amo vestido coa la da ovella mentres ela está núa.

Os lingüistas seguiron traballando para descubrir máis acerca desa lingua extinta e actualizan periodicamente o experimento sonoro. O último en facelo é o lingüista Andrew Byrd, da Universidade de Kentucky, que recita na revista Archaeology a súa versión da fábula adaptando a súa pronuncia aos últimos achados sobre a lingua. Byrd tamén actualizou outra parábola curta en protoindoeuropeo reconstruído en 1990. Inspírase nunha pasaxe do Rig Veda, unha antiga colección de himnos en sánscrito, na que un rei suplica ao deus Varuna que lle conceda un fillo.

Unha ovella que non tiña la viu cabalos, un deles arrastraba unha pesada carreta, outro cargaba unha gran carga e outro cabalgaba rapidamente cun xinete. A ovella díxolle aos cabalos: «Dóeme o corazón vendo un home manexando cabalos». Os cabalos dixeron: «Escoita, ovella: os nosos corazóns dóennos cando vemos isto: un home, o amo, converte a la dunha ovella en roupa abrigada para si mesmo. E a ovella non ten la». Ao oír isto, a ovella fuxiu á pradaría.


Fontes:

0 comentarios:

Publicar un comentario