Xa está en marcha o VI Concurso Literario Verbas para comunicar co que a Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior procura impulsar a creatividade, a comunicación e a lingua galega entre os mozos e mozas do municipio. O Equipo de Normalización Lingüística do colexio, xunto co Departamento de Lingua Galega e o profesorado do ámbito sociolingüístico, colaboran neste certame que festexa un ano máis o Día das Letras Galegas. Podedes consultar as bases nos taboleiros das aulas da ESO e mais na páxina do concello (edición 2012), mais os requisitos básicos son moi simples á vez que moi flexibles e abertos para que todos e todas vós atopedes iso tan importante que queredes expresar:
- A temática será libre tendo en conta que o obxectivo xeral é transmitir unha idea, unha opinión, un sentimento... que desexemos compartir con outras persoas.
- Estará redactado en galego e valorarase a corrección lingüística, así como a presentación adecuada e a orixinalidade do traballo.
- O texto non poderá superar as 12 liñas e presentarase en papel ou cartolina que non supere o tamaño A4. O formato é, polo tanto, tamén libre: prosa, poesía, unha mensaxe, unha carta, un artigo de opinión, etc.
- Haberá dúas categorías: categoría A (de 12 a 14 anos) e categoría B (de 15 a 18 anos).
Non deixedes de consultar todas as dúbidas cos vosos profesores e profesoras e, xa sabedes, este ano hai uns premios mellores ca nunca. Son estes en cada unha das categorías:
- 1º Premio: Tablet
- 2º Premio: Libro electrónico
- 3º Premio: Cámara fotográfica
- 4º Premio: Marco dixital
- 5º Premio: Impresora
- 6º Premio: auriculares
E non esquezades o prazo remata o 10 de maio!
0 comentarios:
Publicar un comentario