Antes de coñecer máis polo miúdo as claves da linguaxe publicitaria (uso de recursos lingüísticos, de imaxes, música, etc.) imos comezar, tal e como fixemos co texto argumentativo (a publicidade non deixa de ser un tipo de texto argumentativo), por facer unha primeira posta en común das nosas impresións e coñecementos previos coa análise dun anuncio.
Escollemos un anuncio que apareceu inserido na prensa e en revistas no ano 2009 e que provocou, como moitas outras campañas publicitarias desta firma de moda italiana, unha grande polémica.
Lembrade que debemos aplicar o esquema de análise da páxina 67 do libro de texto, que se reproduce a seguir:
ANÁLISE DUN ANUNCIO PUBLICITARIO
1. DATOS XERAIS: produto que se anuncia (nome e tipo).
- Medio(s) en que aparece
- Público ao que se dirixe
- Valores que asociamos a elas.
- Que relación teñen co produto anunciado?
3. OS TEXTOS: tipo de texto (descrición, diálogo, argumentativo...).
- Existe slogan? Se é así, cal é?
- Recursos lingüísticos que se empregan no slogan.
- Función que teñen os textos no conxunto do anuncio.
4. MÚSICA: é música só ou trátase dunha canción?
- Se é unha canción, que di a letra?
- Que emocións ou sentimentos nos suxire?
5. SÍNTESE: necesidades que realmente cobre.
- Con que motivacións xoga, a que necesidades profundas se asocia?
- Consegue o efecto pretendido?
0 comentarios:
Publicar un comentario