A Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior convocou unha edición moi especial do concurso Verbas para comunicar, a décima!!! Si, van alá nada máis e nada menos que 10 anos dun certame que naceu para promover a creatividade literaria na mocidade e fomentar o
uso da lingua galega. Para festexalo, o Verbas deste ano incorpora novas modalidades (audiovisual) e fórmulas de participación (en grupo), que pasamos a resumir deseguido.
Modalidade redacción
1.-
A temática será libre tendo en conta que o obxectivo xeral é transmitir
unha idea, unha opinión, un sentimento... que desexemos compartir con
outras persoas.
2.-
Estará redactado en galego e valorarase a corrección lingüística, así
como a presentación adecuada e a orixinalidade do traballo.
3.-
O texto non poderá superar as 12 liñas e presentarase en papel ou
cartolina que non supere o tamaño A4. O formato é, polo tanto, tamén
libre: prosa, poesía, unha mensaxe, unha carta, etc.
4.- A participación é individual.
Modalidade audiovisual
1.- Elaboración dun vídeo (curta) ou un audio (tema musical) cunha duración máxima de 5 minutos.
2.- Pode presentarse de maneira individual ou grupal (máximo 3 persoas).
3.- O traballo audiovisual pode gravarse con móbil ou cámara e entregarase nunha memoria USB.
4.- O traballo audiovisual terá que conter texto en lingua galega, escrito ou verbal, e por suposto orixinal.
Categorías:
- Categoría A: de 12 a 14 anos.
- Categoría B: de 15 a 20 anos.
O prazo de presentación remata o 28 de abril ás 20:30h. Podedes consultar aquí as bases completas do certame., tamén os premios, que como todos os anos son moi atractivos.
Non deixedes de consultar as vosas dúbidas co profesorado de Lingua e a OMIX do Concello, e -tendo en conta as novas modalidades do concurso- botade man dos coñecementos e os consellos, sobre todo, dos vosos profesores e profesoras de Plástica, Música e Tecnoloxía.
0 comentarios:
Publicar un comentario