Estes son os títulos que se suman ás cinco novelas coas que abrimos o curso, e que podedes seguir escollendo neste novo trimestre:
- Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais, 2015.
- Rosa Aneiros, Ámote Leo A. Estación de tránsito. Xerais, 2014.
- Domingo Villar, Ollos de auga, Galaxia, 2006.
- Art Spiegelman, Maus, Inreves Editorial (en galego), 2008. Banda deseñada.
- Carlos Vila Sexto, Gárgola, Galaxia, 2002.
- J.R.R.Tolkien, O hobbit, Xerais, 2003.
Lembrades que este curso incluímos unha parte creativa nos traballos das lecturas? Unha posibilidade sería facer unha videorreseña. Un exemplo, áxil, breve e ameno, é esta reseña de Maus, o cómic de Art Spiegelman:
0 comentarios:
Publicar un comentario