Comezamos o curso cunha primeira escolla de lecturas para 2º da ESO que agardamos que responden aos diferentes gustos e intereses de todos e todas vós.
Hai suspense e misterio, humor de ultratumba, a descuberta da vida e do mundo que nos rodea, a actual (por desgraza) realidade da guerra e da inmigración e a descuberta dun pasado doloroso que ás veces se oculta e se descoñece, o da Guerra Civil española.
- Agustín Fernández Paz, Aire negro, Xerais, col. Fóra de Xogo. Sinopse
- Jackeline Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, Kalandraka, col. Faktoría K de Libros. Sinopse
- Manuel Lourenzo, Irmán do vento, Xerais, col. Fóra do Xogo. Sinopse
- Aurora Rúa, Debuxos do muro, Galaxia, col. Costa Oeste. Sinopse
- Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais: col. Merlín. Sinopse
0 comentarios:
Publicar un comentario