Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Guión para o traballo da lectura (3º ESO)

martes, 13 de outubro de 2015



Hai algúns días acordamos a primeira listaxe de lecturas para este primeiro trimestre e algúns e algunhas de vós xa estades avanzados nas novelas escollidas. Moi ben! Imos aló entón co guión dese traballo, que por primeira inclúe un apartado creativo, que vai ser diferente para cada lectura e para lector/a, e que debemos acordar sobre a marcha.

GUIÓN DE TRABALLO COMÚN 
0. Ficha bibliográfica
- Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, colección, editorial, lugar e data de edición.
- Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relatos), poesía, teatro.
- Subxénero literario (p, ex. novela negra, de aventuras, ciencia-ficción, histórica, terror...
1. Argumento: non pode superar unha páxina de extensión. Débese ser sintético e sintetizar a obra sen entrar en detalles superficiais.
2. Tema(s): sinalarase o tema principal diferenciándoo, ademais, dos temas secundarios.
3. Estrutura: indicarase de que partes de compón, se é lineal ou cronolóxica, circular, fragmentaria, etc.
4. Tempo e espazo: hai que describir os espazos da obra e determinar a época na que ten lugar a acción.
5. Narrador/es e punto de vista.
6. Personaxes: diferenciar entre principais e secundarios. Descrición dos protagonistas (aspecto físico, personalidade...).
7. Valoración persoal: hai que emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa lectura, etc. Débese facer unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que indiques a que tipo de lector pode gustarlle (segundo os temas e valores que trata, en relación a outras obras lidas ou películas vistas, etc.).
E unha última parte.... CREATIVA, individual ou grupal, sobre a lectura: crear un cómic, un booktrailer, un mapa interactivo, unha representación ou performance, unha presentación sobre algún aspecto concreto, un clube de lectura, etc.

0 comentarios:

Publicar un comentario