Agora que andamos ás voltas nas aulas co léxico do tempo meterolóxico, e seica por fin chegou a primavera e imos deixando atrás tantos meses de auga, saberiades dicir cantas palabras temos os galegos e as galegas para dicirmos "chuva"?
Os esquimais teñen unha gran variedade de palabras para a neve. No caso dos galegos é a choiva, aquí van unhas cantas:
Condensación de Auga:
- Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Bruma, Calixe, Cegoña, Fuscallo, Mera, Néboa, Neboeira, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
Chuvia Feble:
- Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Morriña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
Chuvia Forte:
- Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Choiva, Chuvascada, Chuvasco, Chuvia, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
Con raios e tronos:
- Tempestade, Temporal, Torboada, Torbón, Tormenta, Treboada, Trebón, Tromba…
Con Neve e Xeo:
- Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada,Salpedrés, Sarabia, Sarabiada, Saraiba, Torba…
E logo, cando remata, está a:
- Amainar, Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
1 comentarios:
Moita chuva temos por aquí. Os andaluces non teñen tanta, vamos ter que ir para alá... ainda que non teñan escamas...
Publicar un comentario