A tarefa consiste na redacción e envío dun correo electrónico que cada un/unha de vós ten que escribirlle ao profesor (linguadenegueiros@gmail.com) para solicitarlle a seguinte información (cando menos, debedes tratar 2 dos seguintes 3 puntos):
- Listaxe de lecturas e traballo: guión, exemplos de cursos anteriores, ligazóns onde consultar estes materiais, propoñer un título de escolla propia, interesarse polo Clube de Lectura e a 1ª obra escollida (Os nenos da variola), etc.
- Datas de exames e da entrega de traballos.
- Material complementario do Tema 1: recursos, apuntamentos...
- Carta formal: se prescindidesdos enderezos que encabezan unha carta, este exemplo é moi completo xa que se clicades nos globiños amarelos accedes a consellos moi útiles para a redacción.
- Máis modelos de cartas (formais e informais, con indicacións ben intersantes) nesta unidade didáctica dos cursos CELGA.
O profesor responderá coa información solicitada e asignará uns exercicios ou unha tarefa individuais para completar os contidos da historia da lingua do Tema 1. Se alguén prefire facelo en parella, debe expresalo no correo (cada alumno no seu).
A data límite para o envío deste correo é o luns 30 de outubro.
0 comentarios:
Publicar un comentario