Como poderedes ver na listaxe, tocamos todos os xéneros e temáticas variadas para encarar a derradeira lectura do curso. Picade, lede, probade e avante! Se algún ou algunha de vós quere escoller outro libro, ten que falar antes co profesor. Unha última observación: quen lea algunha das lecturas marcadas con asterisco ten que escoller un segundo título, xa que se trata de lecturas moi breves.
Narrativa
- Ana Frank, O diario de Ana Frank, Kalandraka. Sinopse.
- Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter, Edicións Xerais. Sinopse
- * Eric-Emmanuel Schmitt, O señor Ibrahim e as flores do Corán, Faktoria K. Sinopse. Tráiler do filme.
- Lienas, Gemma, O diario vermello de Carlota, Galaxia. Sinopse.
- Rosa Aneiros, Ámote Leo A., Xerais. Sinopse.
- Séchu Sende, Made in Galiza, Galaxia. Sinopse.
- Süskind, Patrick, O perfume, Sotelo Blanco. Sinopse. Tráiler do filme.
- Xurxo Borrazás, Criminal, Sotelo Blanco. Sinopse
- * Carlos Negro, Makinaria, Edicións Xerais. Sinopse
- * Carlos Negro, Penúltimas tendencias, Edicións Xerais. Sinopse.
- * Fran Alonso, Poetízate (antoloxía), Edicións Xerais. Sinopse
- * Cava e Segui, As serpes cegas, BD Banda. Sinopse.
- * David Montero, Sen mirar atrás, Demo Editorial. Sinopse. Booktráiler.
- Marjane Satrapi, Persépole, Rinoceronte Editora. Sinopse. Tráiler
- * Paco Roca, Engurras, El Patito Editorial. Sinopse. Tráiler
- Prado, Miguelanxo, Ardalén, El Patito Editorial. Sinopse.
- * Castelao, Os vellos non deben de namorarse, Editorial Galaxia. Sinopse
- * Manuel Núñez Singala, Comedia Bífida, Editorial Galaxia. Sinopse
GUIÓN DOS TRABALLOS
Tanto os traballos das lecturas obrigatorias como das optativas, se queredes ler un segundo libro, debe seguir este esquema que xa coñecedes de cursos anteriores:
- Ficha bibliográfica:
- Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, colección, editorial, lugar e data de edición.
- Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relatos), poesía, teatro.
- Subxénero literario (para a novela): novela de aventuras, ciencia-ficción, negra, histórica, terror…
- O/a autor/a: breve reseña da vida e, sobre todo, da obra do autor ou autora.
- Argumento: non pode superar unha páxina de extensión. Débese ser sintético e sintetizar a obra sen entrar en detalles superficiais.
- Tema(s): sinalarase o tema principal diferenciándoo, ademais, dos temas secundarios.
- Personaxes: diferenciar entre principais e secundarios. Descrición dos protagonistas (aspecto físico, psicoloxía..).
- Tempo e espazo: hai que describir os espazos da obra e determinar a época na que ten lugar a acción.
- Valoración persoal: hai que emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa lectura, etc. Débese facer unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que indiques a que tipo de lector pode gustarlle (segundo os temas e valores que trata, en relación a outras obras lidas ou películas vistas, etc.).
1 comentarios:
Para cando é o traballo? Non está especificado
Publicar un comentario