Dende a barra do Luzada, Patricia contempla os camiños que toman as vidas dos seareiros do bar, historias que se entrecruzan e que viaxan dende os lugares máis íntimos do ser humano ata os espazos máis afastados e remotos en calquera parte do mundo. Este é un convite para entrar no Luzada, sentar a unha mesa e coñecer os personaxes creados por Rosa Aneiros. Esta novela, publicada por Xerais no ano 2009 na colección Fóra de Xogo, foi galardoada cos Premios Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2009 e The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010.
Ademais desta lectura obrigatoria do trimestre, sobre a que iremos traballando aos poucos nas aulas, tamén podedes escoller algunha das lecturas optativas que se recollen na seguinte listaxe, que non está pechada senón que se irá aumentando ao longo do curso. Calquera outro título que queirades propoñer debe ser comunicado ao profesor, ao que tamén lle podedes pedir algunha recomendación que responda aos vosos gustos e intereses.
Narrativa
Narrativa
- Ledicia Costas, Corazón de Xúpiter, Edicións Xerais. Sinopse
- Eric-Emmanuel Schmitt, O señor Ibrahim e as flores do Corán, Faktoria K. Sinopse. Tráiler do filme.
- Fernando Cimadevila, O mundo secreto de Basilius Hoffman (I e II), Urco Editora. Páxina web.
- Óscar Wilde, O retrato de Dorian Gray, Urco Editora. Reseña
- Xurxo Borrazás, Criminal, Sotelo Blanco. Sinopse
- Carlos Negro, Makinaria, Edicións Xerais. Sinopse
- Fran Alonso, Poetízate (antoloxía), Edicións Xerais. Sinopse
- Marjane Satrapi, Persépole, Rinoceronte Editora. Sinopse. Tráiler
- Paco Roca, Engurras, El Patito Editorial. Sinopse. Tráiler
0 comentarios:
Publicar un comentario