Páxinas

CPI Manuel Padín Truiteiro

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Portafolio Dixital

Os materiais das aulas na rede

Recursos

Sobre lingua, literatura e outras temáticas de interese
 

Quen quere ser normal?

domingo, 15 de abril de 2012

Ao noso redor vive xente extraordinaria, persoas con superpoderes que os demais non posuímos, non entendemos e mesmo rexeitamos. Max e Noe, os protagonistas da curtametraxe de Martín Fiallega que vimos na aula, son dúas desas persoas, que se enfrontan á incomprensión da sociedade á súa maneira e que alimentan o seu amor nesa "a-normalidade", a do Síndrome de Tourettes.

Esta síndrome é un trastorno neurolóxico do que se descoñece a orixe pero sábese que consiste en determinadas anormalidades que se dan en diversas rexións do cerebro, nos circuítos que conectan esas rexións e nos neurotransmisores que permiten a conexión entre as célulsas nerviosas. O síntoma máis evidente é a existencia de tics nas persoas que a padecen mais os trastornos poden ser variados: movementos e sons vocais involuntarios e repetidos, déficit de atención, problemas no sono, etc. e mesmo a emisión involuntaria de palabras e frases inapropiadas e soeces, é o que se chama coprolalia. No documental "Gente Extraordinaria: tu mente es tu enemiga", emitido por Cuatro, podedes coñecer os casos de Gilliam ou Andrew, entre outras persoas.

Esta curtametraxe foi realizada por Canle 4, o Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do Centro de Formación Profesional A Farixa de Ourense baixo a dirección de Martín Fiallega. No curso pasado foi o traballo máis valorado polos miles de alumnos e alumnas que participaron na "Semana das Curtas" organizada pola Coordinadora Galega de ENDL.

Xa sabedes, logo do seu pase nas aulas, agora sodes vós os que tedes que facer unha valoración da curtametraxe, unha breve reseña na que opinedes sobre este traballo... e non vos esquezades da música: "Para che falar de amor", tema de Ataque Escampe, no que versionan unha canción de Andrés Dobarro; e "Afundido no lixo", de Skacha.

35 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustoume que o profe puxese este video porque nos da a coñecer unha enfermidade que ante os nosos ollos,antes de que puxera o video,parecía un simple tic que pode padecer calquera persoa.O que nos non sabiamos e que iso era unha enfermidade.
Ademáis pareceme unha historia de amor moi fermosa que se sae das típicas;xa que é moi bonito ver como os dous ,a pesar da súa enfermidade , van superando xuntos as dificultades da vida.
COMENTARIO DE - MARÍA ÁNGEL RODIÑO 1c ESO

Anónimo dixo...

Eu estou de acordo co video, todos temos as nosas manias que de algunha forma nos fan ser especiais, pero iso non quere decir que seamos raros nin é un motivo para que o resto da xente nos desprecie nin nos miren con malos ollos.

Angel,1A

Anónimo dixo...

Non hai que discriminar a ninquén, nin facerlle a burla por non ser normal, porque como xa di na curta: todos temos manías ainda que non nos demos de conta,e esas maníasson "superpoderes" que che poden salvar a vida.


David Estévez 1ºB

Unknown dixo...

Non coñecía a enfermidade ata que vin a película.
Pareme unha enfermidade que che pode afectar a moitos aspectos da túa vida. Sobretodo cando eres pequeno, xa que os demais nenos solen ser crueis contigo.

Anónimo dixo...

Gustoume o video e eu xa comprendo que esas maneiras e palabrotas non son cousa de risa se non que as provoca o síndrome de Tourettes. Entendín tamén que é difícil vivir con tics e palabrotas.Me gustou que o protagonista encontrara con quen estar (e ademáis con Tourettes) porque se non se quedaría só o resto da súa vida.Finalmente houbo un final feliz.
Kevin Rodríguez 1ºC ESO

Anónimo dixo...

Non hay que diferenciar a ninguén de nos porque cando no lo fán a nos tamén nos protestamos.Esta enfermidade é graciosa por unha parte pero non e para rirse,ahy que darse conta diso.!Ahy que porse no sitio deles aver se nos gusta que se rían de nos¡¡¡¡¡
Alejandro Lage Piay 1ºC

Anónimo dixo...

A min pareceume unha iniciativa do noso profesor moi boa, por que nos ensina a reflexionar sobre a o noso comportamento coas persoas que sofren enfermidades deste tipo. non deberíamos descriminalas nin facerlle burla.
Esta curtametraxe parece moi boa a aprender que as persoas que sofren calquer tipo de enfirmidade non deberíamos decriminala.
Gustoume moito que os personaxes actuaran como se a súa enfermidades fosen superpoderes por que é un espírito de superación moi alto. É unha curta moi fermosa xa que Max e Noe ( os personaxes) estan namorados e querense mutuamente. O dito gustaoume moito por que creo que mais dun alumno reflexionou sobre a súa actitude.

Anónimo dixo...

Iván Garrido 1ªC

maripili dixo...

Pareceume unha historia fermosa, eu había escoitado esa emfermidade,pero non lle din importancia ao non conocela moito,pero agora sei como se poden sentir os que o teñen e ademáis cando eres pequeno.

Mara 1ºC eso

Anónimo dixo...

Pareceume unha historia preciosa e triste a vez.Eu non sabía de esta emfermidade pero ao conocela xa sei como se poden sentir as persoas con esto,e ademáis os rapaces...
Mara Aguiar Carballo 1ºC

Anónimo dixo...

Gustoume moito a curta, xa que da coñecer unha enfermidade moi curiosa, porque pode chegar a salvar a vida a alguén, comolle pasou a Noe(a protagonista)

Lara Martínez López 1ºB

Anónimo dixo...

Esta curta encantoume dado que explica que os tics que teñen algunhas persoas non e unha enfermidade se non"superpoderes" que en casos de apuro poden salvarlle a vida;ademais conta que non debemos discriminar a ninguén polas enfermidades que teñen o por como son.
Borja Castro 1ªB

Anónimo dixo...

Paula Salomón Fonterosa- 1ºA

Cando miramos esta curta todo o mundo ría, pero estou segura de que cada unha desas persoas estaba por dentro un pouco asustada, quero dicir, como se pensaran en cada unha das súas rarezas sabendo que non son nada comparado coas da curta.Paréceme unha boa idea o de que os "tics" son como superpoderes nalgunhas ocasións, porque fante crer que as veces podes usar unha das túas rarezas.A verdade é que cando na pantalla apareceu un rapaciño xogando só no parque e os demais nenos burlándose del, déronme ganas de chorar e de cruzarlle a cara a aqueles rapaces que se rían só porque o meniño tiña un "tic". Gustoume muito que o superara co paso do tempo e que encontrara unha persoa na vida que fose igual que el e que fosen felices.Esta curta é un bo exemplo.

Anónimo dixo...

gustoume q o profe puxero isto porque de unos a coñecer esta emfermidade tan rara coma esta. Ademais tamen e unha historia de amor ben chula. Tamen ensina q a nosa sociedade pode ser moi cruel as veces , e discriminar a xente polos seus problemas ou polo seu aspecto fisico cando o que importa e o seu interior.
Angela Torres Vidal 1ºB

Anónimo dixo...

Creo que este vídeo serve de gran exemplo porque o síndrome de Tourettes non é unha enfermidade se non un trastorno no que aínda non se sabe o motivo da súa causa. Moita xente rise disto porque fai graza, pero hai que saber controlarse porque á persoa co problema seguro que lle molesta, e ademais, a nós aínda nos pode ocorrer xa que polo xeral o síndrome maniféstase a individuos de menos de 18 anos.
Raquel Reyes Fuentes 1ºA

Anónimo dixo...

O noso profe de galego Roman puso unha curtametraxe o ultimo dia do segundo trimestre.Gustoume moito vela e ver que a partir de algunhas enfermidades podense ter poderes increibles pero vese tamen que na curtametraxe hai un amor de verdade e por iso aunque teñan enfermidades os dous sempre seguiran enamorados e tendran desexos como calquera outra persoa
AARON 1A

Anónimo dixo...

Algo que de neno pode parecer ata certo punto gracioso como no caso de Max, non deixa de ser unha enfermidade, que co paso do tempo non deixa de crearlles a quen padece esta enfermidade todo tipo de dificultades na súa integración social e laboral asi como sentimental agravandose cada vez máis co paso do tempo.Esta enfermidade se alguien que non ten coñecemento dela podrian tomar por toloas as persoas que a sufren.
Na época medieval sufrir este transtorno posiblemente lle costara a vida a mais de unha morte,por que pensarian que estaban poseidos polo demo ou algunha cousa similar.

Brais Martínez Pérez 1ºA

Anónimo dixo...

Gustoume moito esta curta, xa que da a coñecer una nova enfermidade moi curiosa, porque esta enfermidade pode chegar a salvarche a vida como lle ocorreu a Noe (personaxe principal)

Lara Martínez López 1ºB

Alexia Ortega Seoane dixo...

O que eu interpreto desta curta é que todo está na forma na que vexamos as cousas .Vamos, que non ai mal que por ben non veña.O que creo que importa é aceptarnos coas nosas limitacións,porque ninguén é perfecto.O ser humano ten a capacidade de superar calquera dificultade se así o desexa.Os personaxes da curta conseguiron ser felices a pesar dos seus problemas.Parécenme un bo exemplo de vida que todos deberíamos seguir.

Anónimo dixo...

Eu nunca escoitara o nome de esta enfermidade,pero si coñezo a persoas que a padecen,que é como un tic nervioso.
Amín esta curta enseñame varias cousas, a primeira e como é a xente ,que se rin por unha enfermidade e en este caso chamase Síndrome de Tourettes, a segunda e como se poden sentir eles a ver como a xente os mira ,se rin como lle fan un desprecio etc...
Tamén quero destacar unhas cousas da curta,que eles consiguen todo o que queren ,que eles sintense cómodos tal e como son e por último que son felices tal e ocmo son que é o maís importante.
Eu apollo a toda xente que teña unha enfermidade de este tipo,porque son iguis ca nos,q non podemos facerlle un feo por calquera cousa.

Adriana Vázquez Barcala , 1ºB

Anónimo dixo...

Pareceume unha boa idea, por parte do profesor, a de amosarnos esta curta metraxe, xa que ten como obxetivo denunciar a actitude negativa que teñen a maioría das persoas hacia as moitas persoas que padeden esta enfermidade, pero non nos temos que esquecer que ésta non é a única enfermidade do mundo.
A forma que tiña Máximo de ver a vida pareceume unha iniciativa extraordinaria, xa que interpretaba os insultos infantis dos seus compañeiros como unha forma que tiñan os demáis de parecerse máis a él; e os seus tics, que producía a súa enfermidade uns superpoderes.
Un dos mellores momentos, desta curta, para mín, foi ao final, cando Máximo, dí que todos temos manías, xa que é certo, e, por iso, antes de burlarnos dos demáis, por ser diferentes, deberíamos mirarnos a nos. Pola súa contra, gustóume o desenvolvemento da historia de amor que aconteceu entre Máximo e Noelia, pero detesto as maneiras que aplicaron para cumplir os seus sonos.
Damián Lourido Santiago 1ªA

Alexia Ortega Seoane dixo...

O que saquei en limpo desta curta é que todo esta na forma na que vexas as cousas é con isto refírome a que o que para unha persoa é razón para rirse a outra pode salvarlle a vida .Vamos que non hai mal que por ben non veña e todo está en como queiras ver o vaso,medio cheo ou medio valeiro.Gustoume esta curta porque,a pesar das súas dificultades,os personaxes conseguen aceptarse a si mesmos e ser felices e este é un exemplo que todos deberiamos seguir

Anónimo dixo...

Anônimo disse...

Gustoume porque este síndrome de Tourette no e facil de entender, e eu penso que o profesor quixo ensinarnos esta curtametraxe para que entendamos que non temos que discriminalos. Porque a fin son igual ca nos, pero con tics.E por ter isto, as veces poden salvarche a vida, e podense considerara ¨superpoderes¨.

Andrea Collazo 1ºB

Anónimo dixo...

Anônimo disse...

Gustoume porque este síndrome de Tourette no e facil de entender, e eu penso que o profesor quixo ensinarnos esta curtametraxe para que entendamos que non temos que discriminalos. Porque a fin son igual ca nos, pero con tics.E por ter isto, as veces poden salvarche a vida, e podense considerara ¨superpoderes¨.

Andrea Collazo 1ºB

nora 1ºA dixo...

Este video gustoume moito ,porque trata de duas persoas que se queren ainda que teñen esa enfermidade .Eu creo que a xente non deberia rirse desas persoas porque ainda que teñan o sindrome de touretes seguen sendo persoas normais coma nos.

Anónimo dixo...

Gustoume moito a curtametraxe, porque este sindrome de Tourettes non é unha ``enfermidade´´ calquera, é unhua enfermidade que che causa ``tics´´e é dificil de convivir xa que fas cousas que poden causar burla, risa, etc...
O lado bo deste enfermedade é que nalgunhas ocasións podeche salvar a vida, como aparece na curtametraxe.
En cunclusión, creo que o video é moi bo.

Pablo Soto Viceiro 1ºA

Imen 1ºB dixo...

A min gustóume porque son duas persoas moi boas, e non lles importa que a xente se ría deles porque eles saben que é normal e pra min tam o é.
Ea causa desta enfermidade salboulle a vida a persoa a quen ama e iso pra min e o que maís me gustou. E que souban todas as persoas que ter iso non é nada malo ...
Saudos

Antía Lorenzo, 1ºB. dixo...

A curta está moi ben realizada, e os actores non se quedan atrás. Ensinanche que hai que afrontar os problemas cun soriso, a mal tempo, boa cara. A historia e bastante entretida, e o final que lle puseron esta moi ben, por que para o que moita xente pode considerarse o seu "defecto" á persoaxe serviulle para salvar a vida da persoa que máis querer,e iso non ten prezo.

Anónimo dixo...

Eu nunca escoitara a existencia de esta enfermidade,gustoume coñecer esta enfermidade chamada Tourettes e coñecer como afecta as persoas.
Por outra parte, o vidio pareceume gracioso e a música de ese grupo vigés .



Adrián Turco Rodriguez Rodriguez, 1ºC

Anónimo dixo...

A miña opinión persoal é que desta curta pódense sacar unha gran ensinanza para a nosa vida. Posto que móstranos coma non descriminar aos que padecen Síndrome de Tourettes porque ó fin e o cabo son persoas como nós, e debemos respetalas, como nos gusta que nos repeten.

Outro aspecto que destacaría é que descoñecía o nome desta enfermidade, como cita o dito: "non te acostarás sen saber unha cousa máis".

Camila Lezcano Irala. - Curso: 1º B

Anónimo dixo...

Esta curta páreceme un pouco triste pero móstranos a realidade que sofren as persoas con este síndrome polo que deberíamos tomar todos consciencia de que debemos tratar con respeto e igualdade os demais.

No que respeta á canción, nunca a escoitara e paréceme moi bonita e romántica.

Sainza Orge Fernández. 1º A

Anónimo dixo...

Esta curtametraxe paréce moi entretenida e aproxímanos a unha enfermidade descoñecida por min.
Opino que todos deberíamos ter as mesmas oportunidades, e que é moi cruel que faltémonos o respecto uns a outros ( burlas,...). Aspecto, que moita xente, ten de moda, entre os compañeiros do instituto....

Vanesa Soto Martínez. 1º A

Anónimo dixo...

É unha enfermidade bastante curiosa, que parece que moita xente descoñece. Básome para dicir isto en que todo ou mundo rise dás teimas que teñen vos demáis, sen chegar a pensar que alguén podar ter un problema destes. Cando Maxi é pequeno, cre que vos seus "poderes" son bós, porque pode facerse invisible, e cando o imitan pensa que é o mellor, por iso todos fan o mesmo ca el. En realidade están a burlarse da enfermidade que tanto o rapaz coma os compañeiros descoñecen. Pero pese ás burlas e ás risas da xente, el é feliz e gústalle como é. Gústanlle os seus "poderes".
A medida que vai crecendo, o seu problema deixa de ter tantas ventaxas.. Agora xa nota que a xente rise da súa enfermidade, aínda que encontra unha parella que é igual ca el, que tamén ten poderes, e os dous conseguen ser tan felices como o resto dás persoas, que, ao fin e ao cabo, como dicía a canción que saía ao principio "Nós somos coma vós", e é que non deixan de ser persoas aínda que teñan este problema. Que, é problema dende ou noso punto de vista, dende o dos que o teñen.. como xa se veu, ata pode salvar vidas, co cal, non ten tantas desventaxes.
Ainhoa Soto Boullosa. 1ºB

Anónimo dixo...

Pareceume ben que o profe publicara este vídeo, xa que a parte de coñecer unha nova enfermidade, aprendes a poñerte no lugar dos discriminados.
Non se debe facer o que non queres que che fagan a ti.
Gustoume o punto de vista do rapaz cando os seus compañeiros se burlaban del, non sei se sabía que se estaban burlando del ou non, tamén me gustou cando miraba os seus tics como "poderes" , xa que pensaba que non eran enfermidades.
Hai que tratar de axudar á xente con estas enfermidades, en lugar de discriminalos, deixalos marxinados, insultalos, etc.
Si eu estivera no lugar de Máximo odiaría a miña vida, e non tería os mesmos puntos de vista ca el.

Alejandro Casal Lorenzo. 1ºB

Anónimo dixo...

É admirable que xente coma Max e Noe sexan capaces de aguantar risas e mofas para poder seguir adiante coa súa relación.
Ninguén debería rirse dos demais xa que todos temos imperfeccións e carencias aínda que intentemos ocultarllas ao resto da xente para así non ser obxecto das críticas dos demais.
Neste mundo aínda non existiu ninguna persoa perfecta. No fondo, todos temos algunha imperfección. Isto non nos debe impedir vivir a nosa vida xunto a persoa elixida e disfrutar ao máximo, do amor e da compaña de quen nos dá felicidade.

Aarón Campos García 1ºB

Publicar un comentario