Así titulou David Alján Lusquiños (3º ESO B) o relato co que acadou o 3º premio no I Concurso contra a Violencia de Xénero que convocou a Subdelegación de Goberno, ao que se presentaron máis de 500 traballos nas súas diferentes modalidades de relato e debuxo e nas diferentes categorías de idade. O galardón será entregado o vindeiro venres 24 de novembro, véspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na sede de A fundación de Pontevedra.
Dende aquí queremos darlle a noraboa a David pola calidade do seu texto e pola mensaxe social tan necesaria e contundente que transmite, e animalo a que siga cultivando e compartindo con nós a súa creatividade literaria, que xa foi recoñecida en anteriores ocasións noutros certames de ámbito local. E a todos e todas vós animámosvos a ler este relato e a traballar arreo para desterrar do noso contorno máis inmediato calquera manifestación, por moi sutil que sexa, de violencia contra as mulleres.
Premendo aquí ou na imaxe podedes ver o relato de David. E se clicades nestoutra ligazón accederes á crónica da entrega de premios, que tivo lugar o pasado venres 24 de novembro en Pontevedra, e a outras actividades que se realizaron no centro con motivo do 25N.



